Play-offs da Naisten Liiga 2023-2024

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ao finalizar as series o HIFK proclamouse campión por segunda vez na súa historia.

Os play-offs da Naisten Liiga 2023-2024 foron o ciclo de peche ou eliminatorias da tempada 2023-24 da Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia. As eliminatorias comezaron o 23 de febreiro de 2024 e finalizaron o 21 de marzo coa disputa do cuarto partido das finais.

O IFK de Helsinqui, segundo da liga regular, defendeu o título conquistado na tempada precedente, sendo o gran favorito para gañar o campionato xunto co K-Espoo, campión da liga regular.

Á conclusión das series o HIFK alzou por segunda vez na súa historia a Aurora Borealis Malja logo de superar en catro partidos ao K-Espoo, mentres que as xogadoras do KalPa de Kuopio conseguiron a medalla de bronce logo de impoñerse ao HPK de Hämeenlinna.

A xogadora francesa do HIFK Clara Rozier foi nomeada como mellor xogadora dos play-offs logo de rexistrar 14 puntos (7+7) nos 11 partidos que o equipo da capital disputou nas series.

Cadro de competición[editar | editar a fonte]

 
Cuartos de finalSemifinaisFinal
 
          
 
 
 
 
1. K-Espoo 3
 
 
 
8. TPS 0
 
1. K-Espoo 3
 
 
 
4. KalPa 0
 
4. KalPa 3
 
 
 
5. Ilves 1
 
1. K-Espoo 1
 
 
 
2. HIFK 3
 
2. HIFK 3
 
 
 
7. Kärpät 0
 
2. HIFK 3
 
 
 
3. HPK 1 Terceiro posto
 
3. HPK 3
 
 
 
6. Kuortane 0
 
3. HPK 0
 
 
4. KalPa 1
 

Resumo da liga regular[editar | editar a fonte]

HIFK[editar | editar a fonte]

Antes do inicio da competición o HIFK foi sanncionado coa perda de seis puntos na clasificación por non xestionar a transferencia internacional da xogadora checa Michaela Pejzlova ao equipo na tempada precedente.[1] Esta sanción acabaría levando ao equipo da capital a finalizar a liga regular na segunda posición con 75 puntos, catro menos que o K-Espoo, logo de gañar 27 partidos e perder tan só cinco. O xogo do equipo foi sólido ao longo de toda a liga regular salientando a figura da xogadora checa Michaela Pejzlova (71, 30+41 en 24 partidos), aínda que o final do ano 2023 e o inicio do 2024 non foi bo para o equipo, que colleitou catro derrotas consecutivas contra os equipos da zona alta da táboa, primeiro contra K-Espoo,[2] logo contra HPK,[3] Ilves,[4] e KalPa.[5] Con todo, o equipo dirixido por Saara Niemi foi o máximo goleador (175) e o menos goleado (49), rexistrando un +126. Ata catro xogadoras do equipo estiveron na lista das cinco máximas puntuadoras da liga regular (Michaela Pejzlova e Sanni Vanhanen nos dous primeiros postos, e Julia Liikala e Clara Rozier nos postos 4º e 5º respectivamente), e Kiia Lahtinen foi a mellor porteira en porcentaxe de paradas cun 93,3%. Este dominio estatístico non se viu reflexado nos nomeamentos ás mellores xogadoras do mes e da semana, e tan só Michaela Pejzlova foi recoñecida como mellor xogadora do mes en xaneiro,[6] e Clara Rozier como mellor xogadora da semana a finais de xaneiro.[7] Michaela Pejzlova foi ademais seleccionada no primeiro equipo das estrelas xunto coa súa compañeira Siiri Yrjölä, mentres que Julia Liikala formou parte do segundo equipo das estrelas.[8] Ao final da liga regular Michaela Pejzlova gañou o trofeo Marianne Ihalainen como máxima puntuadora da liga regular e Clara Rozier o trofeo Sari Fisk á xogadora co mellor rexistro plus–minus da liga regular.[9][10]

HPK[editar | editar a fonte]

Ilves[editar | editar a fonte]

O Ilves finalizou a liga regular na quinta posición con 53 puntos e unha diferenza de goles de +8. O peso anotador do equipo recaeu en varias xogadoras encabezadas por Anniina Kaitala (34, 21 + 13), aínda que Emilia Varpula (33, 6 + 27) e Helen Puputti (32, 13 + 19) tamén superaron a barrera dos 30 puntos. O equipo tivo un gran inicio de competición no que encadeou cinco vitorias dos seis partidos que o Ilves disputou en setembro, o que lle valeu á súa porteira Salla Sivula ser nomeada como mellor xogadora no mes de setembro logo de conseguir unha porcentaxe de paradas do 95,2 %.[11]

KalPa[editar | editar a fonte]

Ao final da liga regular o KalPa finalizou na cuarta posición con 60 puntos e unha diferenza de goles de +38. A principal figura do equipo foi a atacante Elisa Holopainen, que rexistrou 57 puntos nos 19 partidos que disputou, once máis que a segunda máxima puntuadora do equipo, Johanna Juutilainen, que disputou os 32 partidos da liga regular. Holopainen recibiu os premios á mellor xogadora da semana na semana do 27 de novembro ao 3 de decembro, o premio á mellor xogadora do mes de novembro e foi incluída no primeiro equipo das estrelas xunto coa súa compañeira, a defensora Sanni Rantala.[12][13][14]

Kärpät[editar | editar a fonte]

Team Kuortane[editar | editar a fonte]

TPS[editar | editar a fonte]

Cuartos de final[editar | editar a fonte]

K-Espoo (1) vs TPS (8)[editar | editar a fonte]

24 de febreiro de 2024
15:15
K-Espoo 7 - 0
(0–0, 4–0, 3–0)
TPS Tapiola 2 (Espoo)
Asistencia: 101

25 de febreiro de 2024
14:50
TPS 1 - 8
(0–2, 1–5, 0–1)
K-Espoo Kupittaa (Turku)
Asistencia: 70

28 de febreiro de 2024
18:45
K-Espoo 5 - 1
(1–0, 1–1, 3–1)
TPS Tapiola 2 (Espoo)
Asistencia: 111
K-Espoo gaña a serie 3 - 0.

HIFK (2) vs Kärpät (7)[editar | editar a fonte]

24 de febreiro de 2024
14:30
HIFK 7 - 2
(1–1, 3–1, 3–0)
Kärpät Pirkkola (Helsinqui)
Asistencia: 182

25 de febreiro de 2024
15:00
HIFK 3 - 2
(2–0, 0–1, 1–1)
Kärpät Pirkkola (Helsinqui)
Asistencia: 192

28 de febreiro de 2024
18:15
Kärpät 2 - 4
(1–1, 0–0, 1–3)
HIFK Raksila (Oulu)
Asistencia: 207
HIFK gaña a serie 3 - 0.

HPK (3) vs Team Kuortane (6)[editar | editar a fonte]

24 de febreiro de 2024
14:00
HPK 2 - 1 (SO)
(0–0, 1–1, 0–0)
(OT: 0–0)
(SO: 1–0)
Team Kuortane HML hh (Hämeenlinna)
Asistencia: 130

25 de febreiro de 2024
15:00
Team Kuortane 0 - 3
(0–1, 0–1, 0–1)
HPK Kuortaneen jäähalli (Kuortane)
Asistencia: 95

28 de febreiro de 2024
18:45
HPK 5 - 1
(2–0, 0–1, 3–0)
Team Kuortane HML hh (Hämeenlinna)
Asistencia: 90
HPK gaña a serie 3 - 0.

KalPa (4) vs Ilves (5)[editar | editar a fonte]

O KalPa e o Ilves enfrontáronse nos cuartos de final logo de finalizar na cuarta e quinta posición respectivamente. Ao longo da liga regular ambos equipos estiveron sempre igualados, e os catro partidos que disputaron entre eles decidíronse por un único gol de diferenza, cun rexistro favorable para o equipo de Tampere, que gañou tres dos catro encontros.[15]

No primeiro partido partido da serie, disputado en Kuopio, o Ilves adiantouse no marcador no primeiro terzo grazas a unha xogada protagonizada por Johanna Siira e Helen Puputti, quen se encargou de levar o disco máis aló da liña de gol logo dun rebote, a pesar do dominio local nos primeiros compases do partido. As dúas porteiras fixeron un partido moi parello, e Salla Sivula puido neutralizar o xogo da estrela do KalPa, Elisa Holopainen, que aínda así acabou sumando dous puntos de asistencia. No segundo terzo o KalPa igualou o marcador grazas a un gol de Juutilainen. A igualdade mantívose ata o último minuto do terceiro período, cando a defensora do Ilves Anna Kilponen foi sancionada con dous minutos, o que supuxo a superioridade numérica do KalPa, con todo, Kilponen tan só estivo nove segundos no banco das expulsadas logo de que Liisa Kastikainen anotara o que sería o gol da vitoria no minuto 59:04, nunha xogada polémica que foi revisada en vídeo dúas veces e na que a adestradora do equipo de Tampere, Marjo Voutilainen percibiu contactos coa porteira do lince[16][17][18][R 1]

23 de febreiro de 2024
18:45
KalPa 2 - 1
(0–1, 1–0, 1–0)
Ilves Olvi Areena (Kuopio)
Asistencia: 108

25 de febreiro de 2024
15:00
Ilves 3 - 2
(1–1, 1–0, 1–1)
KalPa Tesoma (Tampere)
Asistencia: 130

27 de febreiro de 2024
18:45
KalPa 2 - 0
(0–0, 1–0, 1–0)
Ilves Olvi Areena (Kuopio)
Asistencia: 169

2 de marzo de 2024
13:45
Ilves 1 - 3
(0–1, 1–1, 1–1)
KalPa Tesoma (Tampere)
Asistencia: 114
KalPa gaña a serie 3 - 1.

Semifinais[editar | editar a fonte]

K-Espoo (1) vs KalPa (4)[editar | editar a fonte]

5 de marzo de 2024
18:45
K-Espoo 5 - 3
(1–2, 3–1, 1–0)
KalPa Tapiola 2 (Espoo)
Asistencia: 157

7 de marzo de 2024
18:00
KalPa 4 - 0
(0–2, 0–2, 0–0)
K-Espoo Olvi Areena (Kuopio)
Asistencia: 162

9 de marzo de 2024
17:45
K-Espoo 2 - 1
(0–1, 0–0, 2–0)
KalPa Tapiola 2 (Espoo)
Asistencia: 206
K-Espoo gaña a serie 3 - 0.

HIFK (2) vs HPK (3)[editar | editar a fonte]

5 de marzo de 2024
19:00
HIFK 0 - 1
(0–0, 0–0, 0–1)
HPK Pirkkola (Helsinqui)
Asistencia: 178

7 de marzo de 2024
18:45
HPK 4 - 5
(2–1, 0–3, 2–1)
HIFK HML hh (Hämeenlinna)
Asistencia: 210

9 de marzo de 2024
13:00
HIFK 5 - 0
(0–0, 2–0, 3–0)
HPK Pirkkola (Helsinqui)
Asistencia: 210

10 de marzo de 2024
13:30
HPK 1 - 4
(1–1, 0–2, 0–1)
HIFK HML hh (Hämeenlinna)
Asistencia: 140
HIFK gaña a serie 3 - 1.

Partido polo bronce[editar | editar a fonte]

Como xa ocorrera na tempada precedente, o HPK (terceiro clasificado da liga regular) e o KalPa (cuarto) enfrontáronse no partido pola medalla de bronce, que se disputou en Hämeenlinna. Do mesmo xeito que un ano atrás, as xogadoras de Kuopio fixéronse coa vitoria e colgáronse a medalla de bronce por segundo ano consecutivo. A primeira liga foi a principal arma do KalPa, especialmente a velocidade de Elisa Holopainen. O partico comezou ben para as de Kuopio, que sorprenderon á porteira do HPK cunha acción individual de Johanna Juutilainen. Logo do gol do KalPa, as xogadoras de Hämeenlinna buscaron o empate, mais un gol de Holopainen oito minutos despois complicaba aínda máis o partido para o equipo local. A pesar de que ao principio do segundo terzo o HPK contou cunha grande ocasión que salvou Tiina Ranne, a situación agravouse pouco despois, cando novamente Holopainen superou a Kassidy Sauve para colocar o 0-3 no marcador, resultado co que se chegou ao terceiro e último período. Durante os últimos 20 minutos de partido o xogo ofensivo do HPK baseouse en accións individuais e non puido crear xogadas en accións de cinco contra cinco. Con todo, a poucos minutos do final Jutta Stoltenberg reduciu distancias, dando esperanzas ás locais, mais o seu gol chegou demasiado tarde e o KalPa acabou celebrando a medalla de bronce.[19][20][R 2]

16 de marzo de 2024
14:00
HPK 1 - 3
(0–2, 0–1, 1–0)
KalPa HML hh (Hämeenlinna)
Asistencia: 230
KalPa gaña o partido pola medalla de bronce.

Finais[editar | editar a fonte]

Por terceiro ano consecutivo o K-Espoo e o HIFK se enfrontaron na final da liga. Nas primeiras primeiras finais entre ambos equipos, disputada en 2021, as xogadoras do equipo de Espoo conseguiron a vitoria, mentres que en 2022 foron as xogadoras de Helsinqui as que alzaron a Aurora Borealis Malja como campioas da Naisten Liiga.[21] As tempadas regulares de ambos equipos foron opostas en canto ás lesións, xa que o equipo de Espoo a penas tivo xogadoras ao longo da competición, mentres que o equipo de Helsinqui tivo a varias xogadoras clave lesionadas ao longo da tempada, se ben chegou ás finais con todas as xogadoras dispoñibles.[22]

O K-Espoo inaugurou o contador de vitorias nas finais logo de impoñerse no primeiro partido na casa por 3-0 ante 436 persoas cunha actuación destacada da súa porteira, Tiia Pajarinen, que realizou 33 paradas. As xogadoras locais comezaron con forza o partido e axiña chegou o primeiro gol, obra de Elsa Talvitie no minuto 7, que entrou con fortuna na portería logo de que o disco rebotara nos patíns da porteira Miia Vainio ás súas costas. Algo máis de 10 minutos despois a defensora Minttu Tuominen ampliou a difernza logo dun potente tiro dende a liña azul. Finalmente, no terceiro terzo Lisette Täks puxo o 3-0 definitivo.[22][20][R 3]

No segundo encontro, disputado na capital, o equipo local conseguiu empatar a serie logo de gañar por 2-0. O partido quedou decidido xa co gol de Clara Rozier no primeiro terzo, mentre que Pauliina Salonen pechou o marcador no último terzo. Como no primeiro partido, a porteira do equipo local, Miia Vainio, tivo unha actuación desetacada con 29 para deixar a súa portería a cero como o día antes fixera a súa homóloga.[21][20][R 4]

O IFK conseguiu romper a vantaxe de campo do K-Espoo logo de impoñerse en Tapiola por 4-2, conseguindo así as de Helsinqui poñerse en vantaxe na eliminatoria antes de regresar a Pirkkola, a pesar de non poder contar coa súa dianteira estrela Michaela Pejzlova. Boa parte do éxito do equipo debeuse á gran actuación da súa porteira Miia Vainio. O equipo da capital adiantouse axiña no marcador grazas a unha xogada de tres contra tres finalizada por Julia Liikala cun disparo á escuadra pouco despois de superarse o minuto de xogo. A situación para o equipo de Espoo non mellorou no segundo terzo, xa que pouco despois de reiniciarse o xogo, o equipo visitante ampliou a renda grazas a un gol de Pauliina Salonen no que a porteira local, Tiia Pajarinen, non puido facer nada ao quitarlle a visibilidade tres xogadoras propias e unha rival. As xogadoras locais non foron quen de aproveitar unha situación de superioridade para abrir o marcador, e non foi ata os últimos momentos cando o K-Espoo inaugurou o marcador xogando sen porteira.[23][R 5]

O cuarto partido das seguiu o mesmo guión que os dous anteriores, nos que o equipo capitalino conseguiu a vitoria, cun gol rápido nunha xogada na que Sanni Vanhanen asistiu a Clara Rozier no centro do ataque, que a xogadora francesa resolveu cun disparo xunto o poste. A emoción mantívose ata o final do partido, xa que as xogadoras do K-Espoo conseguiron empatar ata en dúas ocasións, aínda que as xogadoras de Saara Niemi responderon en ambas ocasións con sendos goles.[24][R 6]

O IFK tivo como principais referentes ás xogadoras francesas Clara Rozier e Athena Locatelli, así como a dianteira internacional checa Michaela Pejzlova.[24] Rozier foi nomeada despois do partido decisivo das finais como a mellor xogadora dos play-offs logo de rexistrar 14 puntos (7+7) nos 11 partidos que o equipo da capital disputou nas series, incluídos 2 (1+1) no partido decisivo.[25]

16 de marzo de 2024
14:45
K-Espoo 3 - 0
(2–0, 0–0, 1–0)
HIFK Tapiola 2 (Espoo)
Asistencia: 436

17 de marzo de 2024
15:00
HIFK 2 - 0
(1–0, 0–0, 1–0)
K-Espoo Pirkkola (Helsinqui)
Asistencia: 419

19 de marzo de 2024
18:45
K-Espoo 2 - 4
(0–1, 0–1, 2–2)
HIFK Tapiola 2 (Espoo)
Asistencia: 443

21 de marzo de 2024
18:30
HIFK 3 - 2
(2–1, 1–1, 0–0)
K-Espoo Pirkkola (Helsinqui)
Asistencia: 550
HIFK gaña as finais 1 - 3.

Notas[editar | editar a fonte]

Vídeos resumo dos partidos
  1. Mennander, Pasi (23 de febreiro de 2024). "Vídeo resumo do primeiro partido de eliminatoria de cuartos entre o KalPa e o Ilves" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 20 de abril de 2024. 
  2. Löfman, Sini (17 de marzo de 2024). "Vídeo resumo do partido polo bronce" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 23 de marzo de 2024. 
  3. Mennander, Pasi (17 de marzo de 2024). "Vídeo resumo do primeiro partido das finais" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 22 de marzo de 2024. 
  4. Mennander, Pasi (17 de marzo de 2024). "Vídeo resumo do segundo partido das finais" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 22 de marzo de 2024. 
  5. Mennander, Pasi (19 de marzo de 2024). "Vídeo resumo do terceiro partido das finais" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 22 de marzo de 2024. 
  6. Mennander, Pasi (21 de marzo de 2024). "Vídeo resumo do cuarto partido das finais" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 22 de marzo de 2024. 
Referencias
  1. "HIFK:lle sakko ja pistemenetyksiä kansainvälisen seurasiirron hoitamatta jättämisestä" (en finés). Leijonat.fi. 2 de setembro de 2023. Consultado o 26 de abril de 2024. 
  2. Löfman, Heikki (8 de decembro de 2024). "Naisten Liiga: Kiekko-Espoo aiheutti HIFK:lle kauden ensimmäisen tappion" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 26 de abril de 2024. 
  3. Löfman, Heikki (10 de decembro de 2024). "Naisten Liiga: Maalin pelit siivittivät Naisten Liigan ottelutauolle" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 26 de abril de 2024. 
  4. Löfman, Heikki (12 de xaneiro de 2024). "Naisten Liiga: Ottelutauko ohi – Ilves kaatoi HIFK:n" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 26 de abril de 2024. 
  5. Löfman, Heikki (13 de xaneiro de 2024). "Naisten Liiga: Sarjan kärkikaksikko oivassa iskussa – HIFK taipui voittoputkeaan venyttäneelle KalPalle" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 26 de abril de 2024. 
  6. Mennander, Pasi (1 de febreiro de 2024). "HIFK:n Michaela Pejzlova Naisten Liigan tammikuun pelaaja" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 26 de abril de 2024. 
  7. "Publicación da nova no Facebook da Naisten Liiga" (en finés). 5 de febreiro de 2024. Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  8. Löfman, Heikki (20 de febreiro de 2024). "Naisten Liiga: Valmentajien nimeämät All Star -kentälliset ovat nyt selvillä" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 26 de abril de 2024. 
  9. Mennander, Pasi (27 de febreiro de 2024). "HIFK:n Michaela Pejzlovalle Naisten Liigan pistepörssin voittajan palkinto" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 26 de abril de 2024. 
  10. Mennander, Pasi (27 de febreiro de 2024). "HIFK:n Clara Rozier vastaanotti Naisten Liigan tehopelaajan pokaalin" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 26 de abril de 2024. 
  11. Mennander, Pasi (3 de outubro de 2023). "Ilveksen Salla Sivula Naisten Liigan syyskuun pelaaja" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de marzo de 2024. 
  12. "Publicación da nova no Facebook da Naisten Liiga" (en finés). 5 de decembro de 2023. Consultado o 6 de decembro de 2023. 
  13. Mennander, Pasi (1 de decembro de 2023). "KalPan Elisa Holopainen Naisten Liigan marraskuun pelaaja" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  14. Löfman, Heikki (20 de febreiro de 2024). "Naisten Liiga: Valmentajien nimeämät All Star -kentälliset ovat nyt selvillä" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 20 de febreiro de 2024. 
  15. Löfman, Heikki. "Naisten Liiga: Kaikki katseet perjantaissa – KalPa elää hetkessä: "Tuskinpa voimasuhteet ovat hirveästi heilahtaneet"". 
  16. Raunio, Antti (23 de febreiro de 2024). "Dramaattinen päätösminuutti Ilveksen pelissä – kaksi videotarkastusta saivat päävalmentajan ihmettelemään". Aamulehti (en finés). Consultado o 17 de abril de 2024. 
  17. Löfman, Sini (25 de febreiro de 2024). "Maalikooste: KalPalle avausvoitto Ilvestä vastaan Naisten Liigan puolivälieräavauksessa" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2024. 
  18. Seppä, Lassi (23 de febreiro de 2024). "KalPa kaatoi Ilveksen dramaattisessa puolivälieräavauksessa − Liisa Kastikainen survoi voittomaalin viimeisellä minuutilla". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 20 de abril de 2024. 
  19. Seppä, Lassi (16 de marzo de 2024). "Tutut pelaajat ratkaisurooleissa − KalPa pokkasi Naisten Liigan pronssimitalit". Jatkoaika.com. Consultado o 23 de marzo de 2024. 
  20. 20,0 20,1 20,2 "Naisten Liigan pudotuspelikatsaus: HIFK voiton päässä mestaruudesta, KalPa juhli pronssia" (en finés). Liiga. 20 de marzo de 2024. Consultado o 23 de marzo de 2024. 
  21. 21,0 21,1 "HIFK voitti Kiekko-Espoon ja tasoitti naisten finaalisarjan". Helsingin Sanomat (en finés). 17 de marzo de 2024. Consultado o 22 de marzo de 2024. 
  22. 22,0 22,1 "Kiekko-Espoo avasi naisten jääkiekkofinaalit voitolla". Helsingin Sanomat (en finés). 16 de marzo de 2024. Consultado o 22 de marzo de 2024. 
  23. "HIFK tarrasi kiinni mestaruuteen – kaatoi Kiekko-Espoon naisten kolmannessa finaalissa". Helsingin Sanomat (en finés). 19 de marzo de 2024. Consultado o 22 de marzo de 2024. 
  24. 24,0 24,1 "HIFK juhlii taas Suomen mestaruutta". Helsingin Sanomat (en finés). 21 de marzo de 2024. Consultado o 22 de marzo de 2024. 
  25. Löfman, Heikki (21 de marzo de 2024). "Naisten Liigan pudotuspelien arvokkain pelaaja Clara Rozier: "Selkeästi paras kauteni Suomessa"" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 22 de marzo de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]