Placas da matrícula de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Matrícula provincial alfanumérica de Madrid. «ZX» foi a última serie de dúas letras utilizada nesta provincia.
Matrícula alfanumérica nacional.

As placas de matrícula de España implantáronse no ano 1900, dende entón as placas son brancas e os números negros. Usáronse tres sistemas polo de agora: o provincial numérico, o provincial alfanumérico e o alfanumérico nacional. O primeiro foi usado dende 1900 até 1971. O segundo dende o 1971 até setembro de 2000, cando foi introducido o terceiro.

En tódolos casos a placa da matrícula se lle asigna a un vehículo até o seu despezamento e non se volve a repetir.

Historia[editar | editar a fonte]

Sistema provincial numérico[editar | editar a fonte]

O sistema provincial numérico foi instaurado o 31 de outubro de 1900. Este sistema incluía nun primeiro lugar unha, dúas (A, AB, CC, CS, P, SG, TE,...) ou incluso tres letras ao principio (ALB para Albacete, CAC para Cáceres etc...) que representaban unha provincia, e cifras, até 6, de maneira que ficaba así: XX-000000.

Cando as iniciais dos nomes das provincias presentaban un parecido notábel coas doutra, utilizábase unha soa letra para a provincia de maior poboación e dúas letras para a de menor (A- Alacant fronte ao AL- Almería; B- Barcelona fronte ao BA- Badaxoz; C- A Coruña fronte ao CO- Córdoba; etc...). Se a capital era heterónima con respecto á provincia, se preferiron as siglas da capital (PM en lugar de Illas Baleares; VI en lugar de Áraba; BI en lugar de Biscaia; SS en lugar de Guipúscoa) excepto no caso de NA, onde o topónimo Pamplona non se impuxo e nas Canarias, onde o que prevaleceu foi o nome da provincia, GC e TF. No resto dos territorios onde podería haber confusión, a segunda letra era a diferenciadora (CC Cáceres, CA Cádiz, CE Ceuta, CU Cuenca; SE Sevilla, SG Segovia, SO Soria, PO Pontevedra, etc...)

VI Áraba B Barcelona CU Cuenca LE León PA/NA Navarra TE/TF Santa Cruz de Tenerife TO Toledo
ALB/AB Albacete BU Burgos GE/GI Xirona L Lleida OR/OU Ourense S Cantabria V Valencia
A Alacant CAC/CC Cáceres GR Granada LO A Rioxa O Asturias VA Valladolid
AL Almería CA Cádiz GU Guadalaxara SEG/SG Segovia BI Biscaia
AV Ávila CAS/CS Castelló SS Guipúscoa LU Lugo P Palencia SE Sevilla ZA Zamora
BA Badaxoz CR Cidade Real H Huelva M Madrid GC As Palmas SO Soria Z Zaragoza
PM/IB Illas Baleares CO Córdoba HU Huesca MA Málaga PO Pontevedra T Tarragona CE Ceuta
C A Coruña J Xaén MU Murcia SA Salamanca TER/TE Teruel ML Melilla

Este sistema rematou ao achegarse a matriculación de Madrid ao último número, M-999999 (chegouse até a placa M-960985 o 6 de outubro de 1971).

Sistema provincial alfanumérico[editar | editar a fonte]

O 7 de outubro de 1971 reiniciouse a numeración, engadindo unha letra e reducíndose as cifras a catro, XX-0000-A, e así sucesivamente até chegar á Z; entón engadiuse unha segunda letra, XX-0000-AB. Antes de esgotar o sistema coa matrícula M-9999-ZZ, pasaríase ao último sistema.

Nos últimos anos nos que estivo vixente o uso das siglas provinciais, a Dirección Xeral de Tráfico, no ámbito da normalización lingüística co resto das linguas cooficiais do Estado, decidiu que tanto as placas xa instaladas como as de nova creación de tres provincias puidesen ser modificadas. Deste xeito GE (Gerona) pasou a ser GI (Girona); OR (Orense) pasou a OU (Ourense) e PM (Palma de Mallorca) converteuse en IB (Illes Balears).

Sistema nacional[editar | editar a fonte]

O 18 de setembro de 2000 entrou en vigor o novo sistema, introducindo placas que constan de catro díxitos e tres letras consoantes (suprimindo as cinco vogais, e as letras Ñ e Q, aínda que admitindo o R, que non se usaba anteriormente porque podería dar confusión coa P) da forma |E| 0000-BBB, que se asignan a nivel nacional, de forma que xa non se pode coñecer pola placa de que rexión ou provincia é o vehículo. O vehículo conserva a placa até o seu despezamento e non se volve a asignar a outro vehículo. Se o vehículo é histórico, e matriculouse cunha placa de novo formato, antes dos números hai un H na placa.

Os taxis e ómnibus teñen outra placa ademais da normal, coas letras SP (servizo público). Os vehículos antigos ou de colección matriculados como históricos nos que se desexa respectar a matriculación antiga deben levar ademais un distintivo similar, pero coa inscrición VH (vehículo histórico).

Todas as placas fabricadas após esta data teñen a banda azul cun E de España.

Outras placas[editar | editar a fonte]

  • PME: Parque Móbil do Estado.
  • PMM: Parque Móbil Ministerial (en desuso).
  • SH: Provincia do Sáhara Español (en desuso).
  • FP: Provincia de Fernando Poo (en desuso).
  • RM: Provincia de Río Muni (en desuso).
  • ME: Provincia do Marrocos Español (en desuso).
  • MOP: Ministerio de Obras Públicas (en desuso).
  • MF: Ministerio de Fomento.
  • MMA: Ministerio do Medio Ambiente.
  • ET: Ministerio de Defensa (Exército de Terra).
  • EA: Ministerio de Defensa (Exército do Aire).
  • FN: Ministerio de Defensa (Forzas Navais).
  • FAE: Forzas Aliadas en España (Cuarteis Xerais da OTAN).
  • CNP: Corpo Nacional de Policía (ex. CNP 0000 AU) (anteriormente DGP: Dirección Xeral de Policía; antes CPN: Corpo da Policía Nacional).
  • PGC: Parque da Garda Civil (ex. PGC 0000 e depende da última letra, a subdivisión propia do corpo).
  • H: Vehículo histórico (ex. H 0000 BBB).
  • VE: Vehículo especial (ex. VE 0000 BBB).

Galiza, Cataluña e Euskadi[editar | editar a fonte]

Representación dos adhesivos.

Dende que se pasou ao nivel nacional e non había representación das provincias nas placas, véndense adhesivos semellantes ás da E de España, pero coas súas respectivas versións (GZ/GAL - Galiza; EH - Euskal Herria; CAT - Cataluña).

Aínda que poñer adhesivos non é ilegal nos coches, non se deben poñer sobre o E de España xa que é sancionábel.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]