Pierre Rodier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPierre Rodier

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1939 Editar o valor em Wikidata (84/85 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngravador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata

Pierre Rodier, nado en París o 12 de xuño de 1939, e un medallista e deseñador de moedas francés que ocupou o cargo de vixésimo sexto gravador xeral de moedas de Francia entre 1994 e 2001.

No seu período como gravador xeral, Francia acometeu a transición do franco ao euro.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Pierre Rodier naceu no distrito 12 de París o 12 de xuño de 1939, fillo único dunha nai que traballaba nunha fábrica de cristal e dun pai que exercía como gravador na Monnaie de Paris, chamado Henri Rodier.[1][2]

En 1953, aos seus 14 anos, ingresou na Escola Boulle, de París, tras aprobar o correspondente exame de acceso, e ingresou tamén no obradoiro de gravado en aceiro de Eugène Cannée, na mesma cidade. Logo da súa graduación na Escola Boulle en 1958, traballou na empresa Drago, dedicada á fabricación de insignias militares, entre 1958 e 1959.[1]

A súa carreira artística viuse interrompida entre 1959 e 1961, cando Rodier fixo o seu servizo militar a Alxeria, feito que o influíu e que o inspirou para a creación dunha medalla para promover a paz.[1]

Ao seu regreso a Francia, entre novembro de 1961 e xuño de 1962 traballou na compañía en Duboc e formouse para participar nun concurso para un posto de gravador na Monnaie de París, similar ao que ocupou o seu pai de 1931 a 1968. A súa participación no concurso foi exitosa e Pierre Rodier ingresou o 1 de outubro de 1962 como gravador da ceca pública francesa.[1][2]

Como recoñecemento ao seu traballo e á súa antigüidade no posto, en 1975 foi ascendido a mestre gravador, no equipo do daquela gravador xeral de moedas, Émile Rousseau, e o 3 de febreiro de 1994 foi nomeado como o seu sucesor no cargo, logo da xubilación de Rousseau. O símbolo que Rodier escolleu como marca persoal para inscribir nas moedas da súa responsabilidade foi o dunha abella estilizada.[1][2][3]

Rodier ocupou o posto de gravador xeral ata a súa xubilación o 30 de marzo de 2001, dirixindo un equipo de arredor de 25 artesáns gravadores. Logo da súa xubilación abandonou París e instalouse en Saint-Malo.[1][2]

O 14 de decembro de 1991, Pierre Rodier recibiu unha medalla honorífica do Salon dos Artistas Franceses.[1]

Entre os mestres do gravado que maior influencia exerceron sobre el cabe mencionar a Pierre-Jean David d'Angers, un medallista e escultor de comezos do século XIX, así como algúns destacados antecesores seus no cargo de gravador xeral en etapas anteriores, como Rottiers, Dupré, Tiolier ou Barre.[1][3]

Escolma de traballos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Aoulou, Y. (1996). "Pierre Rodier : l’aristocrate de la gravure". En Courrier Cadres. Nº 1.140. 5 de xaneiro.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Émile Rousseau
Francia
Gravador xeral de moedas de Francia

1994 - 2001
Sucesor:
Joaquin Jimenez