Joseph Charles Roëttiers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pierre Simon Benjamin Duvivier
Joseph-Charles Roettiers.jpg
Retrato de Joseph Charles Roëttiers, por A. Vallayer-Coster (1777)[1]

Nacemento13 de abril de 1691 (ou 1692).
 Grandes Armes de Paris.svg París
Flag of France.svg Francia
Falecemento14 de marzo de 1779 (87 anos)
 Grandes Armes de Paris.svg París
Flag of France.svg Francia
ÁreaDeseño e gravado de moedas e medallas.
ProxenitoresJoseph Roëttiers.
Hélène Stonehouse.
CónxuxeCatherine Hérault (1715).
Jeanne Hermant (1753).
FillosCharles Norbert Roëttiers.
editar datos en Wikidata ]

Joseph Charles Roëttiers, nado en París o 13 de abril de 1691 (ou 1692)[2] e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 1779, foi un gravador de moeda e medallista francés, o undécimo en ocupar o posto de gravador xeral de moedas de Francia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Joseph Charles pertencía a unha ampla familia de gravadores, prateiros e ourives franceses, de orixe flamenga.[3][4] Era fillo de Joseph Roëttiers (1635-1703) e de Hélène Stonehouse.[5] Tanto o seu pai como o seu curmán, Norbert Roëttiers (1666-1727), foron antecesores seus no cargo de gravador xeral e amosáronlle a arte do gravado da medalla.[6] Pola súa banda, o seu fillo Charles Norbert Roëttiers (1720-1772) sucedeuno como gravador xeral.[7][8]

1 luís. Luís XV (1755), obra de Joseph Charles Roëttiers.[9]

Xa en 1711, Joseph Charles Roëttiers acadou o segundo Premio de Roma de Escultura,[10] outorgado polas academias francesas, e o 31 de decembro de 1717 ingresou na Real Academia de Pintura e Escultura, da que foi conselleiro en 1748.[7][11][6]

Antes de ser designado como gravador xeral de moedas de Francia o 18 de xuño de 1727, xa fora nomeado en 1715 como gravador de moedas do rei e en 1720 como gravador particular de moedas e medallas do rei, con residencia na Casa da Moeda.[7][12] Ocupou o posto de gravador xeral ata que en 1753 llo cedeu ao seu fillo Charles Norbert, aínda que entre 1772 e 1774 volveu ocupalo interinamente logo do falecemento do fillo e ata o nomeamento do seu sucesor definitivo, Pierre Simon Benjamin Duvivier.[11]

1 escudo. Luís XV (1771), obra de Joseph Charles Roëttiers e do seu fillo, Charles Norbert Roettiers.[13]

Joseph Charles Roëttiers foi un asiduo participante nos Salóns de París entre 1737 e 1775, onde expuña as súas medallas e outros traballos, como proxectos e retratos de personalidades.[14]

As sinaturas coas que Roëttiers marcaba adoito as moedas e medallas da súa creación foron: J. C. Roettiers. f. ou C. Roettiers ou J C R ou I·CROETTIERS ou I C ROETT· ou ICR ou ROETTIERS.[7][15]

Vida familiar[editar | editar a fonte]

En 1715 casou coa súa primeira esposa, Catherine Hérault (finada en 1753), con quen tivo dúas fillas e dous fillos, entre eles o gravador Charles Norbert Roëttiers. Logo do falecemento desta, casou en segundas nupcias en 1753 coa súa parente Jeanne Hermant.[7][12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Joseph Charles Roettiers (1692-1779), sculpteur". Collections Louvre
  2. Non está claro se o ano de nacemento é 1691 ou 1692. Nas fontes consultadas, as referencias son: Rodot: 1691; BnF Data: 13-04-1691; Forrer: 1691 ou 1692; Barre: 1692; Bellier de La Chavignerie: 13-04-1692; Deutsche Biographie: 1692.
  3. Rodot, N. (1904). Páxina 110.
  4. Forrer, L. (1916). "Geneological table of tyhe Roëttiers Family". Páxina 176 bis.
  5. Forrer, L. (1916). Páxina 178.
  6. 6,0 6,1 Bellier de La Chavignerie, E. (1885). Páxina 404.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Rodot, N. (1904). Páxina 110.
  8. "Roëttiers (Roettier; Rottiers; Rottier)". En Allgemeine Künstlerlexikon. Vol. 99.
  9. "1 Louis d'Or - Louis XV". Numista.com
  10. Rodot, N. (1904). Páxina 66.
  11. 11,0 11,1 Barre, A. (1867). Páxina 10.
  12. 12,0 12,1 Forrer, L. (1916). Páxina 179.
  13. "1 Écu - Louis XV". Numista.com
  14. Barre, A. (1867). Páxinas 10-11.
  15. Forrer, L. (1916). Páxinas 179-181.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Norbert Roëttiers
Francia
Gravador xeral de moedas de Francia

1727 - 1753
Sucesor:
Charles Norbert Roëttiers

Predecesor:
Charles Norbert Roëttiers
Francia
Gravador xeral de moedas de Francia

1772 - 1774
Sucesor:
Pierre Simon Benjamin Duvivier