Joaquin Jimenez
Joaquin Jimenez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 23 de outubro de 1956. |
![]() ![]() | |
Educación | Escola Rexional de Belas Artes de Angers. |
Obras | Serie circulante de euros de Francia. |
Nacionalidade | ![]() |
[ editar datos en Wikidata ] |
Joaquin Jimenez, nado en Saumur, Val do Loira, o 23 de outubro de 1956,[1] é un escultor, pintor, medallista e deseñador de moedas, nomeado en 2020 gravador xeral de moedas de Francia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Joaquin Jimenez comezou a deseñar moedas do anterior sistema monetario do franco francés para a Monnaie de Paris en 1986 e foi un prolífico creador de moedas conmemorativas durante a década de 1990. Coa chegada do euro, encomendóuselle a creación dos deseños para os anversos da serie circulante francesa completa, desde o céntimo aos dous euros, que comezou a cuñarse en 1999, así como unha gran cantidade de moedas francesas conmemorativas co seu valor facial en euros.[2] Unha destas creacións foi o anverso da moeda de dous euros conmemorativa dos 35 anos do Programa Erasmus, que se emitiu conxuntamente en todos os Estados da Eurozona.[3]
Joaquin Jimenez creou ademais deseños propios para moedas de países e autoridades emisoras alleas á Eurozona, como Xibraltar, Niue ou Suíza.[2]
En 2020 accedeu ao prestixioso cargo de gravador xeral de moedas de Francia.[4]
En 2008 foi nomeado cabaleiro da Orde das Artes e das Letras,[5] e foi promovido a comendador desta orde en 2021.[6]
Moedas creadas por Joaquin Jimenez[editar | editar a fonte]
Moedas circulantes[editar | editar a fonte]
Moedas conmemorativas[editar | editar a fonte]
-
Anverso. 2 euros (2020). Charles de Gaulle.[13]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Guerre en Ukraine. La Monnaie de Paris crée une pièce dessinée par le Saumurois Joaquin Jiménez". En Le Kiosque. 2 de marzo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Moedas creadas por Joaquin Jimenez. Numista.com
- ↑ "2 Euro (Erasmus Programme)". Numista.com
- ↑ "Joaquin Jimenez nommé Graveur général des monnaies". En Numismag.com. 21 de xullo de 2020.
- ↑ "Nomination ou promotion dans l'ordre des Arts et des Lettres juillet 2008". Ministère de la Culture.
- ↑ "Nomination dans l'ordre des Arts et des Lettres – hiver 2021". Ministère de la Culture.
- ↑ "10 Francs". Numista.com
- ↑ "2 Euro". Numista.com
- ↑ "2 Euro 2nd type". Numista.com
- ↑ "50 Euro Cent". Numista.com
- ↑ "5 Euro Cent". Numista.com
- ↑ "2 Euro Bleuet de France". Numista.com
- ↑ "2 Euro General Charles de Gaulle". Numista.com
- ↑ "Joaquin Jimenez. 5000 euro". Numista.com
- ↑ "20 Francs FIFA". Numista.com
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joaquin Jimenez ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Predecesor: Pierre Rodier |
![]() Gravador xeral de moedas de Francia Desde 2020 |
Sucesor: - |