Moeda dun franco Jacques Rueff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1 franco Jacques Rueff [1][2][3]
A/: Retrato en tres cuartos de Jacques Rueff. Á súa esquerda a "Sementadora". Monograma do gravador (PRodier).

Lendas: RÉPUBLIQUE FRAÇAISE / 1896 JACQUES RUEFF 1978

R/: Alegoría feminina da liberdade, entre follas de loureiro e de carballo e o valor facial (1 F). No exergo data e marcas de ceca (cornucopia e abella).

Lendas: LIBERTÉ ÉGALITÉ FRATERNITÉ

O franco Jacques Rueff é unha moeda con valor facial dun franco francés emitida en 1996 en conmemoración do centenario do nacemento do economista francés Jacques Rueff (1896-1978), inspirador do "Plan do 58", de recuperación da economía francesa.[1][2][3]

Caracterización[editar | editar a fonte]

O deseño e o gravado da moeda débeselle ao artista Pierre Rodier (nado en 1939), naquel momento gravador xeral de moedas de Francia (1994-2001). Rodier escolleu como motivo principal do anverso un retrato de Jacques Rueff xunto cunha representación da silueta da "Sementadora", característica das moedas dun "franco novo" (1960-2001), cuxa creación foi impulsada por Jacques Rueff.

Da produción do franco conmemorativo do centenario do nacemento de Jacques Rueff encargouse a Monnaie de Paris.[1][2]

Jacques Rueff en 1938.

Existe unha variante da moeda, á parte do seu modelo estándar. Trátase dunha tiraxe reducida cun acabamento especial (proof ou essai), con fondo espello e relevo mate, na que se inscribiu a palabra ESSAI en letras pequenas no anverso, ao pé da representación da "Sementadora".[1][4]

Tiraxes[editar | editar a fonte]

Ano de emisión Tipo Exemplares cuñados
1996 Proof - Essai 1.850
Estándar 2.978.513

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]