Émile Rousseau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Émile Rousseau
Gray - replace this image male.svg
Nome completoÉmile Roger Rousseau
Nacemento2 de agosto de 1927
 Grandes Armes de Paris.svg París.
Falecemento21 de xaneiro de 1910 (82 anos)
 Grandes Armes de Paris.svg París.
ÁreaDeseño e gravado de moedas e medallas.
EducaciónÉcole des Beaux-Arts
editar datos en Wikidata ]

Émile Roger Rousseau, nado en París o 2 de agosto de 1927 e finado na mesma cidade o 21 de xaneiro de 2010, foi un medallista e deseñador de moedas francés, o vixésimo quinto en ocupar o posto de gravador xeral de moedas de Francia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Emile Rousseau, o menor de tres irmáns, amosou desde neno os seus dotes para o debuxo e a creación artística, que os seus pais incentivaron ao favorecer a súa formación en debuxo a partir dos seus 11 anos.[1][2][3]

Con 14 anos, en 1941, aprobou o acceso á École Boulle, onde se iniciou no gravado na sección de aceiro. En 1945 ingresou na Escola Nacional Superior de Belas Artes de París e incorporouse ao obradoiro de gravado de Henri Dropsy.[1][2][3][4][5]

Antes da Monnaie de Paris[editar | editar a fonte]

En 1954 acadou o segundo posto no Premio de Roma e pasou seis meses na Casa de Velázquez de Madrid, onde se distinguiu con senllas obras en ferro fundido, unha sobre El Greco e a outra sobre a Semana Santa de Sevilla.[1][2][3]

En 1957 logrou o primeiro lugar no Premio de Roma de gravado de coa medalla La Renaissance d'Eve.[1][3][6][7] Grazas á consecución do Premio de Roma, Rousseau puido acceder a unha estadía formativa de tres anos en Villa Medici, Roma, que aproveitou tamén para viaxar por toda Italia e por Grecia.[2]

En 1962, instalou o seu estudio en París, onde traballou como artista independente, que trasladou a unha zona máis céntrica en 1968. En 1963 expuxo 14 obras na Galerie Dauphine e en 1964 participou na exposición dedicada á medalla de España no Museo da Monnaie de Paris.[1][3]

Gravador Xeral de Moedas de Francia[editar | editar a fonte]

O 1 de abril de 1974, Rousseau foi nomeado Gravador Xeral de Moedas de Francia por Valery Giscard D'Estaing, que daquela era Ministro de Economía e Facenda,[1] e adoptou o característico deseño dun golfiño como marca privada de gravador.[2] Durante o exercicio do seu cargo na Monnaie de Paris creou diversas moedas francesas, entre elas a dun franco De Gaulle, a de 10 francos Gambetta, a de 2 francos Jean Moulin, e tamén unha moeda de 100 francos para o Principado de Mónaco, a nome de Rainiero III.[8] Tamén foi o autor de medallas,[9] algunhas delas dedicadas a personalidades como Marguerite Yourcenar, o xeneral De Gaulle ou Jean Moulin, e gravou tamén as espadas de académicos para o Instituto de Francia.[1][10]

100 francos de Mónaco a nome de Rainiero III (1989).[11]

O seu cargo implicaba tamén a dirección do obradoiro de gravado da Monnaie de Paris, e durante esas dúas décadas acompañou a máis de trinta gravadores de medallas a acadaren os seus logros artísticos.[1][2]

Coa súa xubilación en 1994 cesou a súa vinculación coa Monnaie de Paris e foi sucedido por Pierre Rodier no cargo de Gravador Xeral de Moedas.[1][12]

Derradeira etapa[editar | editar a fonte]

Xa xubilado, pasou en París durante os meses de inverno, onde mantivo unha intensa vida social e cultural, e os veráns nunha casa con xardín que adquiriu na Borgoña, onde seguiu a desenvolver a súa creación artística.[1]

Émile Rousseau recibiu varias distincións, entre elas a de Cabaleiro da Lexión de Honra en 1986, a de Oficial do Mérito Nacional en 1992 e a de Cabaleiro das Artes e das Letras.[1][3][12][13]

Rousseau faleceu en París o 21 de xaneiro de 2010.[1][3][12]

Escolma de traballos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Raymond Joly
Francia
Gravador xeral de moedas de Francia

1974 - 1794
Sucesor:
Pierre Rodier