Max Fürbringer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Max Fürbringer
Max Furbringer.jpg
Retrato de Max Furbringer en 1905
Nome completoMax Carl Anton Fürbringer
Nacemento30 de xaneiro de 1846
Lugar de nacementoWittenberg, Reino de Saxonia, Confederación Xermánica
Falecemento6 de marzo de 1920
Lugar de falecementoHeidelberg, República de Weimar
Nacionalidadealemá
Alma máterUniversidade de Jena, Universidade Humboldt de Berlín
OcupaciónAnatomía comparada
IrmánsPaul Fürbringer
EstudosMedicina, Doutor en Ciencias Naturais
ProfesiónProfesor universitario
OrganizaciónUniversidade de Jena, Universidade Humboldt de Berlín, Universidade de Heidelberg
PremiosVéxase o texto
editar datos en Wikidata ]

Max Carl Anton Fürbringer, nado o 30 de xaneiro de 1846 en Wittenberg, Reino de Saxonia, e findo o 6 de marzo de 1920 en Heidelberg, foi un anatomista alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fürbringer comezou a estudar Ciencias Naturais en Jena, estudos que continuou en Berlín, doutorándose alí en 1869 cunha tese sobre Zooloxía. Desempeñando un posto de axudante de Karl Gegenbaur en Jena, este animouno a estudar Medicina. En 1873 aceptou unha chamada da Universidade de Heidelberg, onde foi habilitado para imparir docencia en Anatomía en 1877, e foi nomeado profesor asociado en 1879.

En 1879 foi nomeado profesor titular en Ámsterdam, e en 1888 recibiu a cátedra de Anatomía da Universidade de Jena. En 1901 foi nomeado director do Instituto Anatómico da Universidade de Heidelberg.[1]

En 1881 foi elixido membro da Leopoldina.[2]

Publicou os seus estudos de anatomía comparada en Untersuchungen zur Morphologie und Systematik der Vögel, 1888.

Describiu, entre outros taxons, a orde dos podicipediformes e a suborde dos anguimorfos.

En 1912 retirouse e morreu o 6 de marzo de 1920 en Heidelberg.

Principais obras[editar | editar a fonte]

  • Die Knochen und Muskeln der Extremitäten bei den schlangenähnlichen Sauriern, 1870.
  • Untersuchungen zur Morphologie und Systematik der Vögel (2 volumes), 1888.
  • Zur Entwicklung der Amphibienniere, 1877.
  • Über die occipitalen Nerven d. Selachier und Holocephalen und ihre vergleichende Morphologie en der Festschrift für Carl Gegenbaur III, 1897, pp. 351-768.
  • Zur Systematik und Genealogie der Reptilien, Beitrag, 1900.
  • Zur Frage der Abstammung der Säugetiere, 1904.
  • Die spino-occipitalen Nerven.
  • Zur vergleichenden Anatomie der Schultermuskeln und des Brustschulterapparates.
  • Morphologische Streitfragen.

Distincións[editar | editar a fonte]

Foi membro das Academias:

  • Leopoldina
  • Academia Prusiana das Ciencias
  • Academia de Ciencias de Baviera
  • Real Academia de Artes e Ciencias dos Países Baixos
  • Academia de Ciencias e Humanidades de Heidelberg

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Fürbringer emprégase para recoñecer a Max Fürbringer como autoridade na desrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. L. K. Nyhart (2003): "The importance of the "Gegenbaur school" for German morphology". En: Theory in Biosciences 122: 162–173.
  2. Max Fürbringer na páxina web da Leopoldina.