Peponocephala electra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peponocephala electra
Melon-headed whale large.jpg

Tamaño en comparación co home
Tamaño en comparación co home

Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Delphinoidea
Familia: Delphinidae
Subfamilia: Globicephalinae
Xénero: Peponocephala
Nishiwaki e Norris, 1966 [1] [2]
Especie: P. electra
Nome binomial
Peponocephala electra
(Gray, 1846) [3] [4]
Cetacea range map Melon-headed Whale.PNG

Sinonimia
— Do xénero: [1]
  • Electra Gray, 1868
— Da especie: [3]
  • Lagenorhynchus asia Gray, 1846
  • Delphinus fusiformis Owen, 1866
  • Lagenorhynchus pectoralis (Peale, 1848)
  • Lagenorhynchus electra Gray, 1846
  • Delphinus pectoralis Peale, 1848

Peponocephala electra é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Peponocephala.

Está estreitamente relacionada con Feresa attenuata e cos caldeiróns.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Debido á dificultade para estudala (a maioría dos datos científicos chegaron a partir de varamentos), a posición taxonómica desta especie está pouco clara. Foi definida en 1846 por John Edward Gray, co nome de Lagenorhynchus electra,[5] e até 1966 clasificouse no xénero Lagenorhynchus, data en que se reclasificou no novo xénero, propio, Peponocephala (literalmente, "a de cabeza de melón"), creado por Nishiwaki e Norris,[6] e situada dentro da subfamilia dos globicefalinos en 1973 por Kasuya e, posteriormente, por moitos outros autores.[7]

Descrición[editar | editar a fonte]

As principais características de Peponocephala electra son:[8]

  • Corpo en forma que recorda á dun torpedo, de coloración gris máis ou menos escura.
  • Cabeza delgada, estreita, que se vai adelgazando cara á punta, roma, e con unha máscara escura que chega até detrás do ollo.
  • Aletas pectorais longas e rematadas en punta, e aleta dorsal alta, falciforme.
  • Cando se ve de perfil, a cabeza non é tan arredondada como a de Feressa attenuata, e isto pode ser de axuda para a identificación.

Comportamento[editar | editar a fonte]

É capaz de nadar moi rápido, especialmente cando se asusta. Realiza saltos fóra da auga cando viaxa a gran velocidade, producindo moita escuma ao caer. Os individuos que nadan lentamente poden ás veces sacar a cabeza fóra da auga. Polo xeral desconfía dos barcos. Moi gregaria, reúnese en grupos de gran número de individuos (de 100 a 1 000).[8]

Distribución e poboación[editar | editar a fonte]

Pouco se sabe sobre esta especie, pero a súa distribución é ampla xa que habita en todos os océanos tropicais e subtropicais, e pode aparecer en calquera parte en zonas de augas profundas. Parece ser bastante común nas Filipinas (en especial ao longo da costa da illa de Cebú)

O seu estado de conservación foi cualificado en 1994 pola UICN como "CC" (sen datos suficentes) pero, en 2008, e aínda que non se dispoñen de datos globais da abundancia da especie ou da tendencia á súa evolución, calculábase que nesa data contaba polo menos con 50 000 individuos, e entre as ameazas que poderían provocar caídas xeralizadas da poboación estarían os altos niveis de ruídos antropoxénicos, especialmente de sonares militares e de estudos sísmicos e, localmente as capturas accidentais debidas á pesca. Porén, a combinación da alta abundancia global e dunha ampla gama de subpoboacións subtropicais, os posíbeis descensos impulsados polas ameazas crese suficiente para descartar unha redución global do 30 % dos efectivos ao longo de tres xeracións, polo que a súa situacións foi reclasificada como "LV" (pouco preocupante).[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Peponocephala Nishiwaki and Norris, 1966 en SIIT.
  2. Peponocephala en Wilson & Reeder (eds.) (2005).
  3. 3,0 3,1 Peponocephala electra (Gray, 1846) en SIIT.
  4. Peponocephala electra en Wilson & Reeder (eds.) (2005).
  5. Gray, J. E. (1846): Zool. Voy. H.M.S. "Erebus" and "Terror", 1: 35.
  6. Mishiwaki e Norris (1966): Sci. Rep. Whales Res. Inst., 20: 95.
  7. Paleobiology Database.
  8. 8,0 8,1 Carwardine, M. (1995), pp. 156-157.
  9. Taylor, B. L., Baird, R., Barlow, J., Dawson, S. M., Ford, J., Mead, J. G., Notarbartolo di Sciara, G., Wade, P. & Pitman, R. L. (asesores) (2008): "Lista vermella" de especies ameazadas da UICN. Versión 2013.1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Peponocephala electra
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Peponocephala electra

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3.
  • Perrin, William F., Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0801882214.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]