Saltar ao contido

Feresa attenuata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Feresa attenuata
Feresa attenuata
John Edward Gray 1874 Editar o valor en Wikidata
 Nome común
Pygmy killer whale (en)  
Slender Blackfish (en)  
Zwerggrindwal (de)  
小虎鯨 (zh)  
小虎鲸 (zh)  
Pygmy Killer Whale (en)  
Epaulard pygmée (fr)  
Orque pygmée (fr)  
Orca Pigmeo (es)  
orca nana (ast)   Editar o valor en Wikidata
Diagrama de tamaño
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Blackfish (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
Características
 Ciclo diurno
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeArtiodactyla
FamiliaDelphinidae
XéneroFeresa
EspecieFeresa attenuata Editar o valor en Wikidata
Gray, 1874 Feresa attenuata Editar o valor en Wikidata
Datas
 Período
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/026lzw Editar o valor en Wikidata
ITIS180461 Editar o valor en Wikidata
OTT336240 Editar o valor en Wikidata
UICN8551 Editar o valor en Wikidata
CoL3DYJD Editar o valor en Wikidata
EOL46559253 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Feresa é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Feresa.

É unha especie pouco coñecida porque se ve poucas veces na natureza, aínda que a súa distribución é ampla e parece que pode encontrarse en calquera lugar do mundo nadando en augas tropicais e subtropicais, sempre profundas.[1]

Até principios dos anos 1950 só era coñecida por dous cranios conservados no Museo de Historia Natural de Londres. Pero en 1954 o cetólogo xaponés Muneasto Yamada publicou un artigo sobre unha "rara marsopa" descuberta polos cazadores de baleas de Honshū dous anos antes.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A primeira descrición da especie foi feita en 1874 por John Edward Gray, que se baseou para facelo nun gravado, e que a denominou Delphinus intermedius. Máis tarde foi reclasificada no xénero Feresa, descrito polo propio Gray catro anos antes, de xeito que na actualidade o seu nome científico válido é Feresa attenuata (Gray, 1874).


Características

[editar | editar a fonte]

De corpo robusto, de 2,1 a 2,6 m de lonxitude e un peso entre os 110 e os 170 kg, nos adultos, de coloración escura, que pode variar entre a gris escura ou case negra e a gris apardazada na rexión dorsal, máis clara nos flancos e cunha mancha grande branca no ventre. A cabeza é moi narredondada, sen bico, e cos labios brancos; algúns individuos poden ter o mento branco. A aleta dorsal é prominente, de forma triangular, co ápixe arredondado e o bordo posterior cóncavo. As pectorais son longas, cos bordos posteriores convexos.[1]

Distribución e poboación

[editar | editar a fonte]

A súa distribución non se coñece ben, e os datos dispoñíbeis proceden de lugares moi diseminados por todo o mundo. Viven en augas cálidas e profundas, especialmente nas tropicais, pero ocasionalmente se desvía cara a rexións temperadas cálidas. Observouse con relativa frecuencia no Pacífico tropical oriental, Hawai e o Xapón. Non se coñecen migracións, e se cre que viven todo o ano nas zonas en que están ben estudadas, como Sri Lanka, no océano Índico, e a illa de San Vicente no mar Caribe.[1]

Debido a este descoñecemento, a UICN cualificou o ano 2008 o estado de conservación da especie como "DD" (datos insuficientes).[2]

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Como quedou dito, é difícil de observar, xa que evita os barcos, aínda que se teñen datos de individuos que saltaban as ondas formadas polas embarcacións. Ás veces víronse algúns espécimes flotando, deixándose ir á deriva, sobre todo en días soleados. É unha nadadora vivaz, e a cabeza adoita saír da auga cando o animal chega á superficie; cando sente algún perigo, salta claramente fóra da auga. As mandas nadan coordinadamente e, en caso de alarma, os individuos reúnense para fuxiren xuntos.[1]

  1. 1 2 3 4 Carwardine, M. (1995), pp. 156-147.
  2. Taylor, B. L., Baird, R., Barlow, J., Dawson, S. M., Ford, J., Mead, J. G., Notarbartolo di Sciara, G., Wade, P. & Pitman, R. L. (2008): "Lista vermella" de especies ameazadas da UICN. Varsión 2013.1.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]