Saltar ao contido

Península Ibérica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaPenínsula Ibérica
Imaxe
Tipopenínsula Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaEuropa Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°14′24″N 4°14′21″O / 40.24, -4.2392
Bañado porOcéano Atlántico, Mar Mediterráneo e Golfo de Biscaia Editar o valor en Wikidata
Conéctase conPireneos Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Punto máis altoMulhacén Editar o valor en Wikidata  (3.482 m Editar o valor en Wikidata )
AtravesaEspaña, Portugal, Andorra, Xibraltar e Francia Editar o valor en Wikidata
Superficie596.740 km² Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451724

A Península Ibérica[1] é unha península do suroeste de Europa. Está arrodeada polo mar Mediterráneo, o océano Atlántico e os Pireneos, que separan a península do resto do continente. Politicamente, abrangue os estados de Portugal, España e Andorra, estes dous últimos fronteirizos con Francia. Tamén abrangue Xibraltar, territorio británico situado ó sur de Andalucía con apenas unha trintena de quilómetros. Polo sur, a península está separada do continente africano (Marrocos) polo Estreito de Xibraltar.

As primeiras noticias escritas que fan referencia á península proceden da época grega e fenicia, pobos que fundaron as primeiras colonias neste territorio. Posteriormente chegaron os romanos, que conquistaron a práctica totalidade da península, que dende entón se pasou a coñecer co nome de Hispania, xa que ata entón a denominación máis usual era a grega de Iberia.

Trala caída do imperio o territorio foi ocupado por pobos de orixe goda, principalmente suevos (no noroeste), vándalos (no sur) e visigodos (resto da península). Estes últimos acabarían por conquista-la totalidade do territorio.

Tempo despois chegarían os árabes, que unha vez máis se farían co poder en case toda a península, tirantes uns poucos territorios do norte, que ó final acabarían por se impoñer ó dominio musulmán nun proceso continuo de guerras coñecido como Reconquista. Entrementres, o territorio islamizado sería durante sete séculos un importante centro cultural ata a caída do reino taifa de Granada en 1492.

Durante o reinado dos Reis Católicos a península será unificada, agás o territorio correspondente a Portugal, que unha vez conquistado o Algarve será un dos países que menos cambiou as súas fronteiras ó longo dos séculos. Xa no reinado de Filipe II a península vería a súa derradeira unificación baixo un mesmo gobernante, pero coa reconquista da independencia de Portugal o territorio peninsular quedaría xa dividido ata a actualidade nos dous estados: Portugal e España.

Hoxe en día o portugués e o español son linguas oficiais en cadanseu estado. O galego, o éuscaro e o catalán son linguas cooficiais nos seus respectivos territorios (o catalán tamén é a lingua oficial do Principado de Andorra). O aranés (variedade occitana falada no Val de Arán) é oficial en toda Cataluña, e o mirandés (variedade leonesa falada en Portugal) éo no concello portugués de Miranda do Douro. O asturleonés, coas súas variedades (asturiano, leonés, cántabro, estremeño), e o aragonés son outras linguas da península, pero non teñen carácter oficial. O inglés é oficial en Xibraltar.

División política da Península Ibérica

[editar | editar a fonte]

A Península Ibérica comprende gran parte de España, Portugal, Andorra e Xibraltar. Historicamente, denominouse Península Ibérica ao territorio continental europeo que está situado ao sur dos Pireneos.

División política da Península Ibérica
Estado ou dependencia Poboación Extensión (km²) Capital
España España[2] 42.167.337[3] 493.519[4] Madrid
Portugal Portugal[5] 10.077.388 89.261 Lisboa
Andorra Andorra 81.222 467,76 Andorra la Vella
Xibraltar Xibraltar 27.967 6,50 Xibraltar
Península Ibérica 52.353.914 583.254

Xeograficamente, tamén incluiría a Francia máis meridional: a zona sur das rexións de Aquitania (departamento de Pireneos Atlánticos) e de Occitania (departamentos de Altos Pireneos, Alta Garona, Ariège e Pireneos Orientais).[6]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ibérico.
  2. Non se inclúen Baleares, Canarias, Ceuta e Melilla.
  3. Esta cifra obtense restando da poboación total de España (45.200.894 hab.) o correspondente a Canarias, Baleares, Ceuta e Melilla.
  4. Esta cifra obtense restando da superficie total de España (504.645 km²) a correspondente a Canarias, Baleares, Ceuta e Melilla.
  5. Non se inclúen Azores e Madeira.
  6. A parte meridional destes departamentos áchase ao sur do istmo xeográfico.