Elena Salgado
Elena Salgado | |
---|---|
![]() | |
Elena Salgado Méndez | |
Datos persoais | |
Nacemento | 12 de maio de 1949 |
Ourense | |
Organización | Partido Socialista Obrero Español |
Alma máter | Universidade Politécnica de Madrid e Universidade Complutense de Madrid |
Profesión | Enxeñeira Industrial |
[ editar datos en Wikidata ] |
Elena Salgado Méndez, nada en Ourense o 12 de maio de 1949, é unha política galega. Foi Ministra de Economía e Facenda e Vicepresidenta Segunda do Goberno de España.
Biografía[editar | editar a fonte]
É enxeñeira Industrial nas especialidades de Técnicas Enerxéticas e Organización Industrial pola Universidade Politécnica de Madrid, licenciada en Ciencias Económicas na especialidade de Estrutura Económica pola Universidade Complutense de Madrid e máster en Métodos Cuantitativos de Xestión pola Escola de Organización Industrial.
Formou parte dos gobernos de Felipe González entre 1982 e 1996, como Directora do Departamento de Estudos no Instituto da Pequena e Mediana Empresa do Ministerio de Industria (1982-1984), Directora Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas do Ministerio de Economía e Facenda (1985-1991) e Secretaria Xeral de Comunicacións do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente (1991-1996). Trala derrota socialista en 1996, pasou á empresa privada, traballando en varias empresas do sector das telecomunicacións.
Foi nomeada Ministra de Sanidade e Consumo por José Luis Rodríguez Zapatero. A súa medida máis significativa foi a lei antitabaco que entrou en vigor en España o 1 de xaneiro de 2006. Ese ano aspirou, sen éxito, a presidir a Organización Mundial da Saúde, chegando á última fase, con outros catro candidatos, na que se elixiu finalmente a Margaret Chan[1] (8 de novembro de 2006).
O 6 de xullo de 2007 Elena Salgado, foi relevada no Ministerio de Sanidade e Consumo por Bernat Soria, pasando a ocupar o cargo de Ministra de Administracións Públicas.
Nas eleccións lexislativas de 2008 encabezou a lista do PSOE por Cantabria. O 12 de abril de 2008 foi confirmada de novo como ministra de Administracións Públicas para a IX Lexislatura. Porén, o 7 de abril de 2009, dentro dunha profunda remodelación do Goberno, abandonou o devandito ministerio para substituír a Pedro Solbes á fronte do Ministerio de Economía e Facenda e como Vicepresidenta Segunda do Goberno.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "OMS.- Salgado felicita a Chan y reconoce que la elección era "difícil"". europapress.es. 2006-11-08. Consultado o 2020-05-09.
- ↑ Ángel Gabilondo, Trinidad Jiménez e González-Sinde, principais novidades do Goberno, El País, 7 de abril de 2009 (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Elena Salgado ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Breve biografía de Elena Salgado no diario ABC (en castelán)
- Curriculum Vitae de Elena Salgado na web da Candidatura de Elena Salgado á Dirección da Organización Mundial da Saúde (en castelán).
Predecesor: Ana María Pastor Julián |
![]() Ministra de Sanidade e Consumo de España 2004 - 2007 |
Sucesor: Bernat Soria
|
Predecesor: Jordi Sevilla |
![]() Ministra de Administracións Públicas de España 2007 - 2009 |
Sucesor: Manuel Chaves
|
Predecesor: Pedro Solbes |
![]() Vicepresidenta Segunda do Goberno de España 2009 - 2011 |
Sucesor: Manuel Chaves
|
Predecesor: Alfredo Pérez Rubalcaba |
![]() Vicepresidenta Primeira do Goberno de España 2009 - 2011 |
Sucesor: Soraya Sáenz de Santamaría
|
Predecesor: Pedro Solbes |
![]() Ministra de Economía e Facenda de España 2009 - 2011 |
Sucesor: Luis de Guindos
|