Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (España)
Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación | |
---|---|
Tipo | ministério da agricultura, ministerio de España, ministério da alimentação e ministério da pesca |
Data de fundación | 12 de xuño de 1933 |
Director/a | Luis Planas |
Sede | Palacio de Fomento |
País | España |
40°24′32″N 3°41′25″O / 40.408888888889, -3.6902777777778 | |
Na rede | |
https://www.mapa.gob.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación é o departamento ministerial do Goberno de España competente para a proposta e execución da política do Goberno en materia de recursos agrícolas, gandeiros e pesqueiros, de industria agroalimentaria, de desenvolvemento rural e de alimentación. O seu actual titular é Luis Planas.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Este ministerio creouse por primeira vez en 1981, con Calvo-Sotelo como Presidente, ao engadirse ao antigo Ministerio de Agricultura e Pesca (que apenas durou 7 meses) as competencias en alimentación e mantívose intacto 27 anos, até o segundo mandato de José Luís Rodríguez Zapatero, cando a reestruturación dos departamentos ministeriais de abril de 2008, as competencias pasaron ao Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño.[2]
O ministerio de agricultura recuperou a súa importancia cos gobernos de Mariano Rajoy, que creou o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente entre 2011 e 2016 e o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente entre 2016 e 2018.
Este ministerio foi reactivado polo Presidente Sánchez en 2018, perdendo as competencias no medio Ambiente a favor do novo Ministerio para a Transición Ecolóxica.
Competencias
[editar | editar a fonte]Corresponde ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no ámbito das competencias do Estado, a elaboración da lexislación estatal nas materias agrícolas, pesqueiras e alimentarias; a proposta e execución das directrices xerais do Goberno sobre a política agraria, pesqueira e alimentaria; a representación do Estado nos organismos internacionais correspondentes a estas materias, sen prexuízo das competencias do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación; así como a coordinación de actuacións, a cooperación e a concertación no deseño e aplicación de todas as políticas que afecten o ámbito de competencias das comunidades autónomas e das restantes Administracións públicas, propiciando a súa participación a través dos órganos e instrumentos de cooperación adecuados.[3]
Estrutura
[editar | editar a fonte]Dependen do Ministerio os seguintes órganos:
- A Secretaría Xeral de Agricultura e Alimentación.
- A Secretaría Xeral de Pesca.
- A Subsecretaría de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Como órgano de apoio e asistencia inmediata, depende directamente do Ministro Agricultura, Pesca e Alimentación un Gabinete.
Notas
[editar | editar a fonte]O contido deste artigo incorpora material publicado no Boletín Oficial do Estado, que se atopa no dominio público de conformidade ao disposto no artigo 13 da Lei de Propiedade Intelectual española.
- ↑ "El presidente anuncia la composición del nuevo Gobierno".
- ↑ REAL DECRETO 432/2008, de 12 de abril, por el que se reestructuran los departamentos ministeriales, en la página oficial del BOE.
- ↑ "Real Decreto 904/2018, de 20 de julio, por el que se desarrolla la estructura orgánica básica del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, y por el que se modifica el Real Decreto 595/2018, de 22 de junio, por el que se establece la estructura orgánica básica de los departamentos ministeriales.". Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2018. Consultado o 24 de xullo de 2018.