CB San Pablo Burgos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "CB Miraflores")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hereda San Pablo Burgos
Coliseumburgos.jpg
Información xeral
Liga ACB
Alcume Azulones
Fundación 2015
Historia CB Miraflores (2015−2017)
Cores           Azul, branco
Presidente España Félix Sancho
Adestrador Croacia Žan Tabak
Patrocinador San Pablo Inmobiliaria
Localización
Cidade España Burgos, España
Pavillón Coliseum Burgos
Capacidade 9 352
Inauguración 28 de xuño de 1967
Campionatos
Champions League 2 (2020, 2021)
sanpabloburgos.com

O Club Baloncesto San Pablo Burgos S.A.D.,[1] até 2017 Club Baloncesto Miraflores,[2] e actualmente coñecido por motivos de patrocinio como Hereda San Pablo Burgos, é un club de baloncesto español con sede na cidade de Burgos, Castela e León. Actualmente compite na Liga ACB. O equipo, que xa existía desde nivel provincial en 1994, foi convertido en equipo profesional en 2015 para substituír ao CB Tizona despois de que este non puidese ascender á ACB. O equipo disputa os seus partidos como local no Coliseum Burgos, pavillón con capacidade para 9 352 espectadores.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

Antes de crear o equipo profesional, o Club Baloncesto Miraflores era un equipo da liga provincial de Burgos fundado en 1994.[4] O equipo profesional foi creado en agosto de 2015 co obxectivo de substituír ao Club Baloncesto Tizona, que non puido ascender á Liga ACB ao final da temporada 2014−15, como o principal club da cidade, sendo admitido en LEB Ouro o 28 de agosto de 2015.[5] Na súa primeira temporada en LEB Ouro o club acadou a terceira posición, obtendo o dereito a xogar os playoffs de ascenso. Porén, perden en semifinais contra o Peñas Huesca por 1−3.

Na súa segunda temporada o club clasificouse para a Copa Princesa de Asturias e o 10 de xuño de 2017 e ascendeu á liga ACB. Na súa primeira temporada en ACB, os burgaleses comezaron con sete derrotas consecutivas, complicando a súa permanencia na competición. Porén, unha vitoria ante o UCAM Murcia e a chegada do escolta estadounidense John Jenkins, cambiaron a tendencia negativa dos casteláns. Finalmente, acaban a temporada en décimo cuarto posto con 13 vitorias. Na súa segunda temporada en ACB melloraron o resultado obtendo 15 vitorias e acabando en undécima posición, dándolles pé para xogar a Basketball Champions League.

Na temporada 2019−20, acabaron a temporada regular en décimo lugar. Debido á situación derivada da pandemia de COVID-19, doce equipos disputaron os playoffs polo título en lugar dos habituais oito, o que lles permitiu xogar unha fase de playoffs na que chegan ás semifinais. Na competición europea o equipo tivo unha estrea destacábel ao conseguir vencer na final ao AEK Atenas por 85−74. En 2021 o equipo volver gañar a Basketball Champions League após venceren na final ao Pınar Karşıyaka 64−59.

Patrocinios[editar | editar a fonte]

Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:

  • San Pablo Inmobiliaria Burgos (2015–2017)
  • San Pablo Burgos (2017−2020)
  • Hereda San Pablo Burgos (2020–presente)

Xogadores[editar | editar a fonte]

Electo actual[editar | editar a fonte]

Hereda San Pablo Burgos 2021−2022
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
P 1 Flag of Serbia.svg Kravić, Dejan 2,13 m (7 ft 0 in) 111 kg (245 lb) Obradoiro (2020)
E 2 Flag of Saint Kitts and Nevis.svgFlag of the United Kingdom.svg Queeley, Kareem 1,93 m (6 ft 4 in) 91 kg (201 lb) Real Madrid B (2019)
E 3 Estonia Kullamäe, Kristian 1,94 m (6 ft 4 in) 80 kg (176 lb) Real Canoe (2020)
B 6 Eslovenia Nikolić, Aleksej 1,91 m (6 ft 3 in) 92 kg (203 lb) BCM Gravelines-Dunkerque (2021)
AP 7 Belarús Salash, Maksim 2,06 m (6 ft 9 in) 95 kg (209 lb) Tsmoki-Minsk (2020)
E 8 Flag of Brazil.svgItalia Benite, Vítor 1,94 m (6 ft 4 in) 88 kg (194 lb) Cedevita (2018)
A 11 España Díez, Dani 2,01 m (6 ft 7 in) 100 kg (220 lb) Lenovo Tenerife (2021)
AP 17 Nixeria Braimoh, Suleiman 2,03 m (6 ft 8 in) 104 kg (229 lb) Hapoel Jerusalem (2021)
A 22 España Rabaseda, Xavi 1,98 m (6 ft 6 in) 93 kg (205 lb) Gran Canaria (2020)
E 25 Flag of the United States.svg McGee, Tyrus 1,91 m (6 ft 3 in) 77 kg (170 lb) Hapoel Holon (2021)
E 27 España García, Marc 1,97 m (6 ft 6 in) 82 kg (181 lb) Urbas Fuenlabrada (2021)
P 77 Flag of the United States.svg Zack, Stephen 2,11 m (6 ft 11 in) 111 kg (245 lb) Petkim Spor (2021)
Adestrador
Croacia Žan Tabak
Asistente(s)
España Fran Hernández
España Félix Alonso

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 18−092021

Destacados[editar | editar a fonte]

Adestradores[editar | editar a fonte]

A seguinte é unha lista dos adestradores do CB Miraflores.

  • España Diego Epifanio (2015–2019)
  • España Joan Peñarroya (2019–2021)
  • Croacia Žan Tabak (2021–presente)

Palmarés[editar | editar a fonte]

Basketball Champions League

  • Campións (2): 2020, 2021

FIBA Intercontinental Cup:

  • Campións (1): 2021

Copa Castilla y León

  • Campións (3): 2016, 2017, 2018
  • Subcampións (1): 2015

Historial[editar | editar a fonte]

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
2015–16 2 LEB 22–17
2016–17 2 LEB 33–10 Copa Princesa
2017–18 1 ACB 14º 13–21
2018–19 1 ACB 11º 15–19
2019–20 1 ACB 15–19 3 Champions League 13–6
2020–21 1 ACB 22–16 Cuartos de final 3 Champions League 12–3

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bases legales de participación en el concurso" [Bases legais de participación no concurso] (PDF). sanpabloburgos.com (en castelán). Consultado o 26 de agosto de 2021. 
  2. "San Pablo Burgos S.A.D.". infocif.es (en castelán). Consultado o 26 de agosto de 2021. 
  3. "Campañas de abonos para la temporada 2018-19" [Camapañas de abonos para a temporada 2018-19]. acb.com (en castelán). 
  4. "Clubes de la liga provincial de Burgos 2011–12" [Clubs da liga provincial de Burgos 2011–12]. Basket DBB (en castelán). 
  5. "Benavente tiende la mano al Miraflores" [Benavente dá a man ao Miraflores]. El Correo de Burgos (en castelán). 2 de setembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]