Parque Nacional das Grandes Montañas Fumegantes
Coordenadas: 35°41′N 83°32′O / 35.683, -83.533
Parque Nacional das Grandes Montañas Fumegantes | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | Parque nacional | ||
Ano de constitución: | 1934 | ||
Superficie: | 2.114,15 km2[1] | ||
Lexislación: | |||
Datos de interese | |||
País: | ![]() | ||
Provincias: | Tennessee e Carolina do Norte | ||
Concellos: | |||
Ríos: | |||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: |
O Parque Nacional das Grandes Montañas Fumegantes[Cómpre referencia] (en inglés: Great Smoky Mountains National Park) é un parque nacional e un lugar Patrimonio da Humanidade pola UNESCO que se estende ó longo das Grandes Montañas Fumegantes, parte das Montañas Blue Ridge, que é unha división da cadea montañosa dos Apalaches. É a fronteira entre Tennessee e Carolina do Norte e discorre dende o nordeste até o suroeste. É o parque nacional máis visitado dos Estados Unidos de América[2] con máis de 11,3 millóns de visitantes no ano 2016.[3] Na súa ruta dende Maine até Xeorxia, o Sendeiro dos Apalaches tamén pasa polo centro do parque. O parque foi arrendado polo Congreso dos Estados Unidos en 1934 e foi oficialmente declarado polo presidente Franklin D. Roosevelt en 1940.[4] O parque abrangue 2.114,15 km2,[1] o que o converte nunha das meirandes áreas protexidas do leste dos Estados Unidos.
Parque Nacional das Grandes Montañas Fumegantes | |
---|---|
Panorama de Cades Cove. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 35°41′N 83°32′O / 35.683, -83.533 |
Tipo | Natural |
Criterios | VII, VIII, IX, X |
Inscrición | 1983 (7ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 259 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Área do parque". 2011. Consultado o 7 de marzo de 2012.
- ↑ GSMNP main page - National Park Service
- ↑ "visitantes do Parque Nacional das Grandes Montañas Fumengantes". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2020. Consultado o 8 de febreiro de 2017.
- ↑ GSMNP stories - National Park Service
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional das Grandes Montañas Fumegantes ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en inglés)
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Saferstein, Mark. 2004. Great Smoky Mountains. 22nd ed. American Parks Network.
- Tilden, Freeman. 1970. The National Parks
- "Old-Time Smoky Mountain Music: 34 Historic Songs, Ballads, and Instrumentals Recorded in the Great Smoky Mountains by 'Song Catcher' Joseph S. Hall" (CD released by the Great Smoky Mountains Association, 2010).
- Pierce, Daniel S. The Great Smokies: From Natural Habitat to National Park. Knoxville: University of Tennessee Press, 2000.