Parque Histórico Nacional das Misións de San Antonio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parque Histórico Nacional das Misións de San Antonio
Misión do Álamo
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
LocalizaciónSan Antonio, Texas, Estados Unidos
TipoCultural
CriteriosII
Inscrición2015 (39º Sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador1466

As Misións de San Antonio son un Patrimonio da Humanidade situado en e preto de San Antonio, Texas, Estados Unidos. O Patrimonio da Humanidade consta de cinco sitios de misión, un rancho histórico e propiedades relacionadas. Estes postos avanzados establecéronos as ordes relixiosas da igrexa Católica para espallar o cristianismo entre os nativos locais. Estas misións formaron parte dun sistema de colonización que se estendeu polo suroeste español nos séculos XVII, XVIII e XIX.

Foron inscritos na Lista do Patrimonio Mundial en 2015. Os seus deseños arquitectónicos combinan as culturas española e Coahuiltecan, incluíndo símbolos católicos e deseños indíxenas. Tamén procesan os restos dos sistemas de distribución de auga, que mostra a combinación das culturas indíxenas e colonizadoras.[1]

Lista de sitios[editar | editar a fonte]

Foto ID[2] Misión Localización en San Antonio Coordenadass Superficie Zona seguridade
1466-001 Misión Espada Parque histórico das misións de San Antonio 29°19′04″N 98°27′00″O / 29.317833, -98.449968 94.7 ha 2.068 ha
1466-002 Misión San Juan Capistrano Parque histórico das misións de San Antonio 29°19′58″N 98°27′19″O / 29.332687, -98.455289 130.5 ha. Non ten
1466-003 Misión San José Parque histórico das misións de San Antonio 29°21′44″N 98°28′47″O / 29.36222, -98.47972 20.6 ha. Non ten
1466-004 Misión Concepción Parque histórico das misións de San Antonio 29°23′25″N 98°29′30″O / 29.390318, -98.491799 13.3 ha. Non ten
1466-005 Misión Valero (o Alamo) Distrito histórico Alamo Praza 29°25′33″N 98°29′10″O / 29.42583, -98.48611 1.7 ha. Non ten
1466-006 Rancho de las Cabras Sueste de San Antonio preto de Floresville 29°05′42″N 98°10′00″O / 29.09500, -98.16667 40 ha. Non ten

Notas[editar | editar a fonte]

Referencias
  1. "San Antonio Missions". UNESCO. Consultado o 6 de xullo de 2015. 
  2. "San Antonio Missions : Multiple locations". UNESCO. Consultado o 8 de xullo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]