Kluane/Wrangell-St Elias/Baía dos Glaciares/Tatshenshini-Alsek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kluane/Wrangell-St Elias/Baía dos Glaciares/Tatshenshini-Alsek
Wrangell St. Elias National Park.jpg
Kluane/Wrangell-St Elias/Baía dos Glaciares/Tatshenshini-Alsek en Canadá
Kluane/Wrangell-St Elias/Baía dos Glaciares/Tatshenshini-Alsek
Kluane/Wrangell-St Elias/Baía dos Glaciares/Tatshenshini-Alsek
Localización
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
Flag of Canada.svg Canadá
TipoNatural
Criteriosvii, viii, iv, x
Inscrición1979 (3ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador72

Kluane/Wrangell-St Elias/Baía dos Glaciares/Tatshenshini-Alsek é un sistema de parque internacional que se atopa no Canadá e nos Estados Unidos, na fronteira de Yukón, Alasca e a Columbia Británica. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1979 polas espectaculares paisaxes de glaciares e campos de xeo, así como pola importancia da fauna de oso grizzly, caribú e Ovis dalli.[1] A área total do sitio é de 98 391,21 km2.

É o fogar dunha serie de formas de relevo notables, incluíndo: o campo de xeo non polar máis grande do mundo;[1] o glaciar de piemonte máis grande do mundo, o glaciar Malaspina; o glaciar do val interior máis longo do mundo, o glaciar Nabesna; así como o pico máis alto do Canadá e o segundo pico máis alto de América do Norte, o Monte Logan, con 5.959 m.

Sistema de parques[editar | editar a fonte]

O sistema internacional comprende parques situados en dous países e tres rexións administrativas:

Notas[editar | editar a fonte]