Hyla meridionalis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Hyla meridionalis
Hyla meridionalis
Hyla meridionalis
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Familia: Hylidae
Subfamilia: Hylinae
Xénero: Hyla
Especie: H. meridionalis
Nome binomial
Hyla meridionalis
Boettger, 1874
Distribución da estroza meridional

Distribución da estroza meridional

A Hyla meridionalis é un anfibio anuro da familia dos hílidos (Hylidae).

Trátase dunha pequena ra duns 5 cm de lonxitude, un dos anfibios máis pequenos de Europa.

Características[editar | editar a fonte]

Moi emparentada con Hyla molleri e tamén con Hyla arborea, e considerada até hai uns poucos anos como unha subespecie desta,[1][2] de corpo repoludo e pel moi lisa e brillante, de cor verde clara viva (aínda que pode ás veces ser apardazada ou amarelada, ou mesmo azulada) patas longas e esveltas con ventosas adhesivas discoidais moi patentes nas puntas dos dedos, que lle dan a capacidade de gabear con facilidade pola vexetación que encontra no seu hábitat, polo que é unha ra arborícola.[3]

Presenta unha banda negra que vai desde os orificios nasais até as axilas das patas dianteiras, pasando polos ollos. Polas partes inferiores é de tonalidade abrancazada. Os ollos son saltóns e de pupila horizontal.

Distínguese da rela e da Hyla arborea pola carencia dunha banda marcada nos flancos, o seu maior tamaño medio, o fociño algo máis arredondado e a parte posterior das ancas a miúdo de cor amarela ou alaranxada clara; os machos teñen un saco vocal máis grande e máis ancho, e ten pregas lonxitudinais cando está desinchado.[1][3]

Distribución[editar | editar a fonte]

Sur de Francia, NO de Italia (Liguria), metade sur de Portugal, SO de España e litoral mediterráneo español (desde Cataluña até Andalucía), Menorca, Madeira e NO de África (norte de Marrocos, Alxeria e Tunisia).

Introducida no arquipélago Canario,[4] pódese ver no Parque Nacional de Garajonay (La Gomera)[5]

Hábitat e costumes[editar | editar a fonte]

A Hyla meridionalis vive preto de encoros, lagos, lagoas e charcas agochada entre a vexetación, onde vive empoleirada, e onde pasa as horas do día practicamente quieta entre o verde das follas pasando desapercibida grazas á súa coloración críptica.

Adoita ser no solpor cando este anfibio baixa dos seus agochos para pasar a noite alimentándose de insectos e arañas.[6]

Voz[editar | editar a fonte]

A súa voz pode describirse como un lento croar, sendo este un dos cantos máis potentes entre os anfibios europeos, pois os machos utilizan o saco vocal a modo de amplificador conseguindo así un amplo territorio e intentando atraer desta forma ás femias.

Amenazas[editar | editar a fonte]

Macho cantando.

Sobre a especie

  • Probábel hibridación nalgunhas zonas con Hyla molleri.
  • Campañas antimosquitos na costa mediterránea que reducen a fonte de alimentación desta pequena ra.
  • Excesivo illamento entre poboacións nas áreas do sueste da península Ibérica.

Sobre o hábitat

  • Deterioración, fragmentación e perda dos hábitats onde se reproduce.
  • Eutrofización e contaminación química das augas.
  • Incendios e eliminación da vexetación das marxes de lagos, charcas e outras masas de auga que conforman o seu hábitat.
  • Desenvolvemento urbanístico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Andrade, J. (1980), p. 68.
  2. Stöck, M., et. al.
  3. 3,0 3,1 Arnold, E. N. & J. A. Burton (1978), p. 78.
  4. Tejedo, Miguel; Reques, Ricardo (2002). "Hyla meridionalis(Boettger, 1874). Ranita meridional" (PDF). En Pleguezuelos, Juan M.; Márquez, Rafael; Lizana, Miguel. Atlas y libro rojo de los anfibios y reptiles de España (en castelán). Madrid: Organismo Autónomo de Parques Nacionales. pp. 117–119. ISBN 9788480144506. OCLC 434332885. 
  5. Bacallado, J. J., M. Baez, A. Brito, T. Cruz F. Domínguez, E. Moreno & J. J. Pérez-Sánchez (1984): Fauna marina y terrestre del Archipiélago Canario. Las Palmas de G. C.: Editorial EDIRCA, S.L.
  6. Eiroa Suárez., Airam (2008). "Selección de alimento en la ranita de San Antón (Hyla meridionalis)" (PDF). Anales Universitarios de Etología (en castelán) (2): 119–124. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Andrada, J. (1980): Guía de campo de los anfibios y reptiles de la península Ibérica. Baecelona: Omega. ISBN 84-282-0589-2.
  • Arnold, E. N. & J. A. Burron (1978): Guía de campo de los reptiles y anfibios de España y Europa. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-0488-8.
  • Blanco, J. C. & J. L. González (1992): Libro Rojo de los Vertebrados de España. Colección Técnica. ICONA. Madrid.
  • Crespo, E. G. & M. E. Olivceira (1989): Atlas da Distribuçao dos Anfibios Répteis de Portugal Continental. Serviço Nacional de Parques Reservas e Conservação da Naturaleza. Lisboa.
  • Díaz-Paniagua, C. (1986): "La reproducción de Hyla meridionalis en el suroeste de España". Doñana Acta Verteb., 13: 5-20.
  • Etxezarreta, J. & Rubio, X. (1998): "Notas sobre la biología reproductora y situación actual de la ranita meridional (Hyla meridionalis, Boettger, 1874) en el País Vasco". Munibe, 50: 77-83.
  • Pleguezuelos, J. M. (ed.) (1997): Distribución y biogeografía de los anfibios y reptiles en España y Portugal. Monografía Tierras del Sur. Univ. Granada. Asoc. Herp. Esp. Granada.
  • Pleguezuelos, J.M., R. Márquez & LIZANA, M. (eds.) (2002): Atlas y Libro Rojo de los Anfibios y Reptiles de España. Ministerio de Medio Ambiente, Asoc. Herpetológ. Esp.
  • Stöck, M., S. Duvey, C. Klütsch, S. N. Litvinchuk, U. Scheidt & H. Perrin (2008): "Mitochondrial and nuclear phylogeny of circum-Mediterranean tree frogs from the Hyla arborea group". Molecular Phylogenetics and Evolution, 49: 1019-1024.
  • Rosa, H. D. & M. E. Oliveira (1994): "Genetic differentiation of the Iberian tree frogs Hyla arborea molleri and Hyla meridionalis (Amphibia: Anura)". Z. Zool. Syst. Evol. Forsch., 32: 117-128.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]