Robert Broom
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 30 de novembro de 1866 Paisley, Reino Unido |
| Morte | 6 de abril de 1951 Pretoria, Suráfrica |
| Educación | Universidade de Glasgow |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Paleontoloxía |
| Ocupación | paleontólogo, médico, profesor universitario, paleoantropólogo, escritor |
| Empregador | Stellenbosch University Iziko South African Museum (en) Ditsong National Museum of Natural History (en) |
| Membro de | |
| Obra | |
| Abreviatura do autor en zooloxía | Broom |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Obálky knih, Africa: An Encyclopedic Reference, (vol:1) |
Robert Broom, nado o de 30 de novembro de 1866 en Paisely, no antigo condado de Renfrewshire (Escocia) e finado o 6 de abril de 1951 en Pretoria (Suráfrica), foi un médico e paleontólogo surafricano de orixe escocesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduado como médico en 1895 acadou o doutoramento en 1905 na Universidade de Glasgow.
En 1897 aséntase en Suráfrica, sendo múltiplos os seus principais intereses (foi antropólogo, paleontólogo, arqueólogo, prehistoriador, escritor, médico, paleoantropólogo e profesor de universidade).
En Suráfrica comezou a estudar os réptiles fósiles antecesores dos mamíferos, pero despois da descuberta do neno de Taung por Raymond Dart interesouse pola paleoantropoloxía.
En 1934 comezou a traballar no Museo do Transvaal en Pretoria. A partir de 1936 fixo descubrimentos espectaculares, entre eles fragmentos de seis homínidos en Sterkfontein, posteriormente clasificados como australopitecos adultos, así como máis descubrimentos en Kromdraai e Swartkrans. En 1937, Broom fixo o seu máis famoso descubrimento, o Australopithecus robustus. Eses descubrimentos apoiaron as teorías de Dart.
Principais publicacións
[editar | editar a fonte]Artigos en revistas
[editar | editar a fonte]Entre os centos de artigos publicados en revistas científicas os máis importantes son:
- "Fossil Reptiles of South Africa" en Science in South Africa (1905)
- "Reptiles of Karroo Formation" en Geology of Cape Colony (1909)
- "Development and Morphology of the Marsupial Shoulder Girdle" en Transactions of the Royal Society of Edinburgh (1899)
- "Comparison of Permian Reptiles of North America with Those of South Africa" en Bulletin of the American Museum of Natural History (1910)
- "Structure of Skull in Cynodont Reptiles" en Proceedings of the Zoölogical Society (1911).
Libros
[editar | editar a fonte]- The origin of the human skeleton: an introduction to human osteology (1930)
- The mammal-like reptiles of South Africa and the origin of mammals (1932)
- The coming of man: was it accident or design? (1933)
- The South African fossil ape-man: the Australopithecinae (1946)
- Sterkfontein ape-man Plesianthropus (1949)
- Finding the missing link (1950)
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Broom emprégase para recoñecer a Robert Broom como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert Broom |