Pablo Rodríguez Oitabén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pablo Oitabén»)
Infotaula de personaPablo Rodríguez Oitabén

Pablo Rodríguez no bosque de Ridimoas en 2017.
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 1950 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Beade, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante , caricaturista , ecoloxista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Sinatura

Dialnet: 5115023 Tebeosfera: rodriguez_fernandez_pablo

Pablo Rodríguez Fernández, máis coñecido como Pablo Rodríguez Oitabén e tamén como Pablo Oitabén, nado en Beade o 24 de xaneiro de 1950,[1][2] é un profesor, debuxante, pintor, taxidermista e ecoloxista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ano 1970 foi estudar pintura a Vigo e en 1973 expuxo os seus cadros no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense sendo director Xesús Ferro Couselo.[3] Posteriormente foi a Barcelona e alí mellorou as súas técnicas de debuxo traballando xunto con Escobar e outros artistas.[4]

A comezos dos anos 70 colaborou no xornal La Región.[5] En 1975 comezou a colaborar na revista de banda deseñada Vagalume coas series De, Sol e Por e Tarrantés.[6][7] Tamén colaborou coa revista Frente Comixario.[8] Nos anos 1988 e 1989 colaborou co pintor Manuel Carballeira Rivas nun proxecto de debuxos animados para a Televisión de Galicia.[9] No ano 1988 foi un dos fundadores da Asociación Cultural-Ecóloxica Ridimoas e dende ese ano é o seu presidente.[10] En 1989 participou no proxecto para a recuperación da cegoña branca en Galicia e entrevistouse con Max Bloesch, experto internacional no estudo da especie, para aprender as súas técnicas de recuperación.[11]

Participou en 1997 na curta Os lobos, baseada no conto homónimo de Ánxel Fole incluído na obra Á lus do candil.[12]

Foi profesor da antiga Universidade Laboral de Ourense e posteriormente do IES do Ribeiro en Ribadavia ata o ano 2011 en que se xubilou.[10][13] Nestes centros impartiu as materias de Deseño e Debuxo, ensinando ós alumnos técnicas de debuxo de cómics e de animación de debuxos, realizando con eles varias curtas coas que conseguiron varios premios como o Concurso de Vídeo do Congreso "Pé de Imaxe", o de Cine Afeccionado de León e o do Certame Galego de Vídeo na Escola.[4]

Colaborou na recollida de datos meteorolóxicos durante 20 anos para o Programa Globe da NASA, ata o ano 2011, e continúa a recollelos para MeteoGalicia.[13][14] En 2020 participou no documental da PBS The Orphan Owl (en galego, A curuxa orfa), da xornalista Ana Salceda, no que se amosa o proceso de recuperación dun polo de curuxa e a súa posterior posta en liberdade.[15]

Obras[editar | editar a fonte]

  • A Figueira, Galiza Editora, Santiago de Compostela, 1989.[16]
  • Aventura De Sol Por en Pena Corneira, Galiza Editora, Santiago de Compostela, 1990, ISBN 84-86129-22-2.[16][17]
  • As aves de rapina en Galiza. Guía de campo e guía didáctica, Galiza Editora, Santiago de Compostela, 1991.[16]
  • Areal de San Cristovo e Ribeiras do Avia, edita Asociación Cultural-Ecóloxica Ridimoas, Beade, 1993.[16]
  • As viñas no Ribeiro, Galiza Editora, Santiago de Compostela, 1995.[16]
  • As ermidas e o mar: unidade didáctica, de Carmen Blanco Pardal e Carmen Robledo Muíña, debuxante do cómic Pablo Oitabén, Dirección Xeral de Política Lingüística, Santiago de Compostela, 1998.[18]
  • Fauna vertebrada do Ribeiro, edita Asociación Cultural-Ecóloxica Ridimoas, Beade, 2006.[16][19]
  • O voo da noitebra, edita Asociación Cultural-Ecóloxica Ridimoas, Beade, 2009.[16][20]
  • Pepiño o Arrieiro, edita Asociación Cultural-Ecóloxica Ridimoas, Beade, 2015.[21]
  • Viaxe ás cegoñas, edita Asociación Cultural-Ecóloxica Ridimoas, Beade, 2016.[21][22]
  • Bosque Ridimoas, Visita guiada., edita Asociación Cultural-Ecóloxica Ridimoas, Beade, 2018.[21]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

No ano 2001 recibiu o premio "Voz del Año del Medio Ambiente" do xornal La Voz de Galicia.[23]

Recibiu o premio Freire Carril da Asociación Cultural Agromadas de Seixalbo, concello de Ourense, no ano 2010.[24]

En 2016 recibiu o premio Arenteira pola súa defensa da natureza e a súa divulgación na ensinanza, concedido polo Aparthotel Arenteiro do Carballiño.[25][26]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ledo, Bieito, ed. (2011). "Rodríguez Fernández, Pablo". Dicionario biográfico de Galicia 3. Vigo: Ir Indo Edicións. p. 187. ISBN 978-84-7680-686-9. 
  2. VV.AA. (1999-2002). "Rodríguez Fernández, Pablo". Enciclopedia Galega Universal 14. Vigo: Ir Indo Edicións. p. 505. ISBN 84-7680-288-9. 
  3. Conversa con Pablo Oitabén
  4. 4,0 4,1 "Aprender a construír imágenes". Cuadernos de Pedagogía, Candia Durán, Francisco Xosé, Nº: 276, xaneiro de 1999 (require subscrición)
  5. Vídeo BDG70: Pablo "Oitabén" presenta a Sol e Por YouTube.
  6. Ficha do Nº 1 de VAGALUME tebeosfera.com.
  7. Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X. 
  8. Ficha en Tebeosfera
  9. Manuel Carballeira: Biografía
  10. 10,0 10,1 Sitio web da Asociación Ridimoas
  11. Caho, A. (17/6/2016). "Unha viaxe de altos voos en cegoña" Faro de Vigo.
  12. Os lobos (adaptación do conto de Anxel Fole) YouTube.
  13. 13,0 13,1 "Ridimoas le sigue la pista al clima", 26.02.2012, Faro de Vigo. (en castelán)
  14. C. Paradela "Un cuaderno didáctico explica el bosque de Beade", O Carballiño, 22/02/2011, La Voz de Galicia
  15. The Orphan Owl en Youtube.
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 16,5 16,6 Publicacións, Asociación Cultural-Ecóloxica Ridimoas
  17. Ficha en Iberlibro
  18. Ficha do libro no Catálogo das Bibliotecas de Galicia.
  19. Libro no sitio web Todocolección.
  20. Ficha na Biblioteca Nacional de España.
  21. 21,0 21,1 21,2 Tenda, Asociación Cultural-Ecóloxica Ridimoas
  22. Ficha na Biblioteca Nacional de España.
  23. "El Grupo Voz entregará el 6 de abril los premios a los ourensanos más destacados durante el 2000" 22/3/2001 (en castelán).
  24. HISTORIAL PREMIO FREIRE CARRIL
  25. José Carballeda, Oitabén y Míguez, premios Arenteira La Región, 26/11/2016 (en castelán).
  26. Galardón Arenteira. Premiados Edición 2016

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]