Tribuna (arquitectura)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Interior da Catedral de Santiago de Compostela. A tribuna é a solaina do primeiro andar.

A tribuna[1] é a galería, solaina ou balcón elevado que hai nalgunhas igrexas desde o cal se pode asistir ós actos relixiosos. Adoita situarse no primeiro andar, por riba das naves laterais dos templos, coa súa mesma lonxitude e largura e aberta á nave central, onde só poden situarse os fieis. As tribunas servían para que personalidades ilustres asistisen ao culto sen entraren en contacto coa plebe. O lugar elevado de onde falan os oradores, chámase tamén tribuna ou púlpito.

Utilizouse profusamente, especialmente nas grandes construcións de arquitectura bizantina, románica e gótica.

Significados derivados[editar | editar a fonte]

Nun estadios a tribuna ou estrado é unha plataforma en forma escalonada para que se instalen nela os espectadores dun acto ou espectáculo (bancada), en especial as autoridades. Posibilita unha mellor visión dos espectadores para o espectáculo[2].

Na Antigüidade, a tribuna ou estrado era unha plataforma elevada, xeralmente con asentos reservados, onde asistían ós espectáculos as persoas con maiores responsabilidades, e onde falaban os oradores en debates parlamentarios, cerimonias, conferencias etc.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dicionario da Real Academia Galega.
  2. Léxico de urbanismo, construcción e arquitectura, Vigo, COAG-Concello de Vigo, 1998