Saltar ao contido

Pendente (arquitectura)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pendente
 Instancia de
 Subclase de
Códigos e identificadores
Freebase/m/02zply Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Unha pendente[1], tamén chamada cuncha[2], é en arquitectura cada un dos elementos construtivos triangulares que resolve o encontro entre a base circular dunha cúpula e un espazo inferior cadrado. Ten unha superficie esférica triangular limitada por tres arcos de circunferencia.

Este recurso arquitectónico comezou a utilizarse no Imperio Bizantino no século VI. Un dos edificios máis destacados que utiliza este tipo de soporte para a súa cúpula é a igrexa de Santa Sofía en Constantinopla.

Capela do Pilar da catedral de Compostela: cruz de Santiago nunha das pendentes.
  1. ""Pendente", no Dicionario da Real Academia Galega". Consultado o 15/02/2018.
  2. Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]