Península de Jandía
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Tipo | montaña península | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Illas Canarias, España | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Características | ||||
Altitude | 7 m | |||
A península de Jandía é unha península española situada no extremo sur da illa canaria de Fuerteventura. Constitúe unha das tres grandes penínsulas do arquipélago canario, xunto á Península de Anaga (Tenerife) e a Península do Illote (Gran Canaria).
No seu apoxeo, fai 14 ou 15 millóns de anos, alcanzaba un diámetro de 26 km e unha altitude de polo menos 1500 m. Iso implicaría unha superficie duns 530 km², é dicir, unha illa bastante maior que La Gomera. A península de Jandía ten aproximadamente 200 km², dos que 144 forman parte do Parque Natural de Jandía.
Aspecto
[editar | editar a fonte]Nesta zona, aséntanse a metade dos restos dunha caldeira volcánica; a outra metade está derrubada baixo o mar. Antigamente era unha illa, pero hoxe está unida a Fuerteventura cun istmo areoso.
Vulcanismo
[editar | editar a fonte]A illa de Jandía, formouse ao mesmo tempo que Fuerteventura. A illa de Fuerteventura formouse a partir de tres volcáns. Un dos dous volcáns, xuntáronse, pero o volcán de Jandía estaba máis distante, e por iso, desde un principio, Fuerteventura estaba formado por dúas illas. Durante as erupciones volcánicas dos tres, a illa de Jandía e a de Fuerteventura xuntáronse, e converteuse na illa actual. A última erupción do volcán de Jandía, foi demasiado violento, ocasionando un derrube do edificio, deslizándose cara ao mar. Ata converterse na media lúa que é toda a península de Jandía. A diferenza dos demais volcáns de Fuerteventura, a súa composición mineral é distinta ás demais.
Aspectos ambientais
[editar | editar a fonte]Na zona da caldeira; aséntase un conxunto de moitas praias, sendo unha das praias máis famosas de todo o planeta. O pico máis alto da caldeira; é o pico de La Zarza.