O estraño
| O estraño | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||
O estraño[1] (en inglés: The Stranger) é un filme estadounidense de 1946 dirixido por Orson Welles. Está protagonizado por Edward G. Robinson, Loretta Young e Orson Welles. Foi o primeiro filme noir de Welles[2] e conta a historia dun investigador de crimes de guerra que busca un fuxitivo nazi nunha vila de Connecticut. É o primeiro filme de Hollywood en presentar material documental do Holocausto. A historia orixinal de Victor Trivas foi nomeada aos Premios Óscar.
Estreouse subtitulado en galego o 15 de xullo de 1995 a través da TVG.[3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Wilson é un membro da comisión de crimes de guerra que está a buscar a Franz Kindler, un dos cerebros do holocausto, que borrou o rastro da súa identidade. Para atopalo, Wilson segue un antigo camarada de Kindler chamado Meinike ata Harper, Connecticut, onde este último é asasinado por Kindler antes de que Wilson poida identificalo. A única pista que lle queda é a fascinación do criminal nazi polos reloxos antigos.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Edward G. Robinson como Mr. Wilson
- Loretta Young como Mary Longstreet Rankin
- Orson Welles como Franz Kindler/Profesor Charles Rankin
- Philip Merivale como Xuíz Adam Longstreet
- Richard Long como Noah Longstreet
- Konstantin Shayne como Konrad Meinike
- Byron Keith como Dr. Jeffrey Lawrence
- Billy House como Mr. Potter
- Martha Wentworth como Sara
- Isabel O'Madigan como Mrs. Lawrence
- Pietro Sosso como Mr. Peabody
- Erskine Sanford como Party Guest
- Theodore Gottlieb como Farbright
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O estraño
- ↑ Steve-O. "The Stranger (1946)". Film Noir of the Week. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2018. Consultado o 13 de decembro de 2018.
- ↑ Versión en galego (ed.). "O extraño na TVG". Consultado o 20 de agosto de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O estraño |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O estraño na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)