Dolores del Río

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dolores del Río
Dolores del Río in The Fugitive (1947 film).jpg
Nome completoMaría de los Dolores Asúnsolo y López Negrete
Nacemento3 de agosto de 1904
Lugar de nacementoVictoria de Durango
Falecemento11 de abril de 1983
Lugar de falecementoNewport Beach
Causainsuficiência hepática
SoterradaRotonda de las Personas Ilustres
NacionalidadeMéxico
Ocupaciónactriz, actriz de cinema, actriz de teatro e actriz de televisión
PaiJesus Leonardo Asúnsolo Jacques
NaiAntonia López-Negrete
CónxuxeCedric Gibbons
PremiosPredefinição:Prêmio Ariel de Melhor Atriz, Predefinição:Prêmio Ariel de Melhor Atriz, Predefinição:Prêmio Ariel de Melhor Atriz, Golden Ariel e star on Hollywood Walk of Fame
Na rede
IMDB: nm0003123 Allocine: 1436 Allmovie: p18330 TCM: 47807
Musicbrainz: 9dfc870f-396c-40f4-8895-f1df744251c5 Discogs: 585785 WikiTree: Asúnsolo-1 Find a Grave: 6156909 Editar o valor em Wikidata
Signature of Dolores del Río.svg
editar datos en Wikidata ]

María de los Dolores Asúnsolo López-Negrete, nada en Victoria de Durango o 3 de agosto de 1904[1][2] e finada en Newport Beach o 11 de abril de 1983, foi unha actriz mexicana coñecida como Dolores del Río. A súa carreira de máis de cincuenta anos deulle gran recoñecemento internacional, sendo considerada a primeira estrela latinoamericana en Hollywood[3][4][5] cunha destacada participación no cinema estadounidense nas décadas de 1920 e 1930. Tamén está considerada unha das actrices máis importantes da era de ouro do cinema mexicano nas décadas de 1940 e 1950.[6]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi educada no Convento de San Xosé, en México, e pola súa bela voz,os seus pais enviárona a aprender canto en Parí­s e despois en Madrid. Debutou no cinema en 1925 acadando a popularidade debido á súa fascinante e vigorosa personalidade.

Foi a precursora do uso de traxes de baño de dúas pezas no cinema en 1933, no primeiro filme protagonizado por Fred Astaire. Non obstante, a actriz afirmou que os produtores e directores norteamericanos non lle daban papeis interesantes e que só ao volver a México ao final da década de 1940, tivo súas mellores oportunidades.

Era dunha beleza moi destacada e mesmo aos setenta anos, apenas tiña engurras. A súa pel lisa e o brillo dos cabelos sempre provocaron envexa nas grandes estrelas de Hollywood. Dicía que o segredo da súa xuventude era durmir de 10 a 12 horas cada día, non bebel alcol, non comer alimentos graxos e unha vez por semana alimentarse só de cenouras, zume de laranxa e limón.

En 1946, xa en México, tivo o seu maior éxito no cinema, María Candelaria que recibiu o premio ao mellor filme no Festival de Cannes.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. this (see 1919 travel manifest at Ancestry.com Modelo:Subscription required) gives her age as 15; accessed 19 July 2016.
  2. Jarlson, Gary; Thackery Jr, Ted (13 April 1983). "Dolores Del Rio, Exotic Queen of Films, Dies". Los Angeles Times. Retrieved 2 April 2020.
  3. Hall, Linda (2013). Dolores del Río: Beauty in Light and Shade. Stanford University Press. p. 3. ISBN 9780804786218. Film International: The First Latina to Conquer Hollywood Arquivado 2014-06-25 en Wayback Machine., Filmint.nu; conslutado o 19 de xullo de 2016.
  4. The Face of Deco: Dolores Del Rio Arquivado 2016-01-07 en Wayback Machine., Screendeco.wordpress.com,18 de maio de 2012.
  5. Dolores del Río biodata Arquivado 2015-07-26 en Wayback Machine., TCM.com; consultado o 19 de xullo de 2016.
  6. Zolov, Eric (2015). Iconic Mexico: An Encyclopedia from Acapulco to Zócalo. New York. p. 260. ISBN 9781610690447. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]