Orquestra Nacional de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Orquestra Nacional de España
Orquesta Nacional de España
Orquestra Nacional de España. Auditorio Nacional. Madrid, 14-01-2024
AlcumeONE
PaísEspaña España
CidadeMadrid
TeatroAuditorio Nacional de Música
Anos de actividade1940 - actualidade
Tipo de formaciónOrquestra sinfónica
XéneroMúsica clásica
Enderezorúa do Príncipe de Vergara, 146
Circunstancias de creaciónFusión da Orquestra Sinfónica de Madrid e a Orquestra Filharmónica de Madrid
20 de xuño de 1940
Distincións honoríficasMedalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes
Sitio webhttp://ocne.mcu.es

A Orquestra Nacional de España (ONE) é unha orquestra sinfónica española. Ten a súa sede en Madrid, no Auditorio Nacional de Música.

O Organismo Orquesta y Coro Nacionales de España (OCNE) engloba os dous conxuntos estatais de música sinfónico-coral do Ministerio de Cultura e Deporte. Cómpre destacar a tarefa de difusión da música española e o recoñecemento que lle deu aos xoves compositores españois estreando as súas obras. Está integrada no Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM), do Ministerio de Cultura e Deporte. Actualmente (2021) seu director titular e artístico é David Afkham.

A miúdo actúa conxuntamente co Coro Nacional de España. Actualmente é membro, entre outras, das seguientes asociacións: Asociación Española de Orquestas Sinfónicas (AEOS), Asociación Española de Documentación Musical (AEDOM), International Association of Music Libraries, Archives and Documentation Centres (IAML) e Major Orchestra Librarians' Association (MOLA).

Antecedentes[editar | editar a fonte]

A Orquestra Sinfónica de Madrid foi fundada en 1903 baixo a dirección de Alonso Cordelás. Esta oquestra foi a sucesora da Sociedad de Conciertos de Madrid (fundada en 1866 por Barbieri e que, tras unha crise económica importante e irreconciliábeis desavinzas entre os mestres, quedou disolta en 1903) e a Orquestra Filharmónica de Madrid, fundada en 1915 polo mestre Bartolomé Pérez Casas foron as encargadas de dar vida musical a Madrid, así como algunha xira polo territorio até o principio da guerra civil.

Xa en 1931 Adolfo Salazar alertara sobre a necesidade da creación dunha orquestra que traballara cun rigor e unha calidade que só se podía encontrar na estabilidade laboral dos seus membros. Por Orde Ministerial de 24 de xullo de 1937 o goberno republicano creou a Orquestra Nacional de Concertos, que deu o seu primeiro concerto o 8 de abril de 1938 no Gran Teatre del Liceu de Barcelona. O 6 de xaneiro de 1939, tras trinta concertos dirixidos por Pérez Casas, José Antonio Álvarez Cantos, Joan Lamote de Grignon y Bocquet e Joan Pich i Santasusana, cesou a súa actividade.

O 27 de abril de 1940 constitúese a Comisaría General de la Música e se nomea unha directiva formada por Nemesio Otaño, José Cubilés e Joaquín Turina con Federico Sopeña como axudante, unha Orde Ministerial do 20 de xuño de 1940 creaba a Orquestra Nacional cun elenco de 176 profesores pola fusión das dús orquestras madrileñas anteriormente citadas.

O 25 de xullo de 1940 no Teatro María Guerrero de Madrid esta orquestra interpretou obras de Dámaso Torres, Manuel Parada, José Muñoz Molleda, José Moreno Bascuñana, Albéniz, Turina, Rodrigo e Falla. O 11 de decembro de 1940, Jesús Arámbarri e Regino Sainz de la Maza á guitarra estrearon en Madrid o Concerto de Aranjuez.

Os concertos referencia desta época producense do día 15 de outubro ao 1 de novembro baixo a dirección de Ernesto Halffter; son catro programas diferentes de música española, a excepción de compositores afíns ao bando republicano, e a estrea do ballet Xogo de cartas de Stravinski.

A traxectoria irregular deste conxunto obrigou a convocar un concurso-oposición para crear a definitiva Orquestra Nacional, por Orde Ministerial de 17 de maio de 1941. Joaquín Turina presidiría estas oposicións xunto con Federico Sopeña (secretario), sen voto, e as probas acabaron en marzo de 1942. O primeiro concerto oficial da Orquestra Nacional de España tivo lugar o 31 de marzo de 1942 no madrileño Teatro María Guerrero, baixo a dirección do mestre portugués Pedro de Freitas Branco (esta data adoptouse como día de inicio da actividade da ONE). O programa formábano a abertura de As vodas de Fígaro de Mozart, a Sinfonía Dante de Liszt, Morte e transfiguración de Strauss, o Preludio á sesta dun fauno de Debussy e o Bolero de Ravel.

Directores[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BOE de 2 de decembro de 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alonso, Luis (1982): 40 años Orquesta Nacional. Madrid: Dirección General de Música y Teatro. ISBN 84-5008-277-3.
  • Fernández-Cid, Antonio (1991): Historia del Teatro Real como sala de conciertos 1966-1988. Madrid: INAEM. ISBN 978-84-8773-104-4.
  • Fernández-Cid, Antonio (1953): La Orquesta Nacional de España. Madrid: Ministerio de Educación Nacional.
  • Franco, Enrique (1992): Memoria de la Orquesta Nacional de España. Madrid: INAEM. ISBN 84-8707-527-4.
  • García del Busto, José Luis (2002): Orquesta Nacional de España. Crónica de sesenta años. Madrid: INAEM.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]