Conversa:Orquestra sinfónica

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Versión inicial do artigo[editar a fonte]

Afirmacións cuestionables[editar a fonte]

Ola! Penso que neste artigo hai numerosas afirmacións que son canto menos cuestionables. Comezo polo apartado adicado ao director de orquestra, onde penso que están a maior parte das eivas:

  1. A aparición do director como algo "case por motivos estéticos" é unha afirmación moi cuestionable. Ao falar do século XIX estamos a falar da época de expansión da orquestra, cando as composicións comezaron a requirir unha maior masa orquestral, falamos de obras de xente como Berlioz, Wagner, ou mesmo o Beethoven da Novena Sinfonía, polo tanto a aparición do director non atendería a motivos estéticos senón prácticos, xa que unha masa orquestral de case 100 músicos como as que manexaba Berlioz é moi complicado de dirixir para un concertino, se lle unimos coro como acontece noutras obras, a tarefa tórnase imposible.
  2. Cómpre clarificar a que se refire con "dá a formación musical". A formación musical vén dada polo compositor na partitura, o que si determina o director (ou directora, que cada vez hai máis) é a disposición da orquestra, isto é, en que lugar situar ás distintas seccións.
  3. A frase "debe interpretar a partitura segundo o concepto “global”, manténdose fiel ao espírito orixinal da obra pero dando unha visión persoal" entra na eterna discusión de como debe interpretarse a música, debemos tocar o que se supón que o compositor quería que soara ou o que nós entendemos? Un bo director é o que máis se aproxima ao que o compositor quería ou o que ofrece a súa propia interpretación, o seu propio xeito de ver a música que ten diante?
  4. "... debe coñecer en profundidade a vida e obra dos compositores". Ata que punto é necesario coñecer a vida e obra dos compositores se achegas a túa propia visión da partitura e o que a ti te transmite? Pode ser útil para chegar a comprender/empatizar máis a obra o feito de coñecer o momento vital do compositor cando a escribiu, pero ao final a música (na miña opinión) é un xeito de expresión e o intérprete debería facela súa.

Polo que respecta aos instrumentos, creo que indicar o número de intrumentos que hai en cada sección é un pouco excesivo e na miña opinión carente de utilidade, explícome: unha orquestra sinfónica pode tocar un Haydn e o tamaño da orquestra será moito máis reducido e mesmo pode que se elimine algunha sección, sen ir a un caso tan extremo, non é o mesmo unha orquestra para tocar unha Sétima Sinfonía de Beethoven que para tocar unha abertura de Wagner ou a Oitava Sinfonía de Mahler. Por outra banda, achégase un esquema da colocación das seccións que habería que aclarar, xa que non é unha colocación estándar: eu teño visto esa disposición, mais tamén teño visto os contrabaixos detrás dos violíns, a clásica das cordas (de esquerda a dereita: violíns I, violíns II, violas, violonchelos e contrabaixos detrás dos violonchelos), teño visto a percusión ao lado das madeiras en Beethoven, a OSG por exemplo pon os metais normalmente por diante da percusión, por non falar dos contrabaixos detrás dos metais que se poden ver no concerto de Aninovo... isto é, as variacións son infinitas, esa é habitual, mais tamén hai unha variación máis na que as violas están no lugar que ocupan os segundos na imaxe... hai moitísimas opcións, todas elas válidas. Eu eliminaría o número de instrumentos de cada sección e aclararía que a imaxe mostra unha colocación habitual, pero que hai outras, deixar claro que non é un esquema fixo. Un saúdo, Piquito (conversa) 2 de novembro de 2017 ás 01:37 (UTC)[responder]

Saúde Piquito. Concordo absolutamente contigo. O artigo arrincóu cunha tradución literal da versión en castelán, carente de referencias. Precisa dunha revisión a fondo que tentaréi ir facendo nestes próximos días. Todas as apreciacións que fas parecenme axeitadas e e seguiréinas para tentar mellorar o artigo. O meu principal problema é que a miña biblioteca non está moi nutrida de bibliografía sobre clásica, e teréi que pasarme por unha biblioteca pública, e a de Ponfe tampouco ten moito que eu lembre.--Viascos (conversa) 3 de novembro de 2017 ás 11:15 (UTC)[responder]

Nomes das orquestras e listaxes de orquestras[editar a fonte]

@Viascos: se traduces unha parte do nome propio dunha institución, por exemplo, tomando "Orquesta de la Comunidad de Madrid" (comunidad por comunidade), daquela tes que traducir todo (orquesta por orquestra) ou non traducir ningunha parte e deixar o nome na súa lingua orixinal, mellor. E o mesmo é aplicable a tódolos casos.

Con todo, isto é unha enciclopedia universal. Non ten moito sentido facer no artigo unha listaxe (a maioría en vermello) das orquestras de España, de Europa, ou de onde sexa. Esa é unha función, máis ben, do sistema de categorías. --. HombreDHojalata.conversa 4 de novembro de 2017 ás 13:15 (UTC)[responder]

Entendo a primeira parte HombreDHojalata, poreime a correxilo. En canto á segunda cuestión, non vexo tan fora de sitio por unha listaxe das orquestras do entorno cercano (as qué máis poden interesar a un lector da galipedia). Atopei unha listaxe moi completa na viquipedia en catalán, de feito teñen listaxes de Europa, Norteamérica e o Mundo. Eles teñen estes listaxes como artigos independentes (en castelán estes artigos adoitan levar o título de "anexos"), e aparecen no artigo de orquestras sinfónicas como ligazóns internas. Aínda así, no artigo en catalán aparece unha listaxe das orquestras nos "Paisos Catalans". O feito de que esten en vermello é outra historia, pero asi tamén podemos ver as cousas que quedan por facer: as mellores orquestras de España, de Europa ou Asia ben se merecen un artigo, ainda que tardemos anos. Eso no quita para que aparezan refrexadas nun artigo da galipedia. Discordo do teu borrado da listaxe. Un saúdo --Viascos (conversa) 4 de novembro de 2017 ás 23:28 (UTC)[responder]
Daquela desfago. Queda nas túas mans. --. HombreDHojalata.conversa 4 de novembro de 2017 ás 23:53 (UTC)[responder]
Grazas . HombreDHojalata.conversa, tentaréi facelo ben --Viascos (conversa) 5 de novembro de 2017 ás 01:33 (UTC)[responder]