Orgullo Galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Orgullo Galego
Logo
Tipocomunidade en liña e empresa
Campo de traballoRede social
Data de fundación10 de xuño de 2016
Na rede
https://orgullogalego.gal/
Facebook: orgullosergalego Twitter: OrgulloGalegoGz Instagram: orgullo.galego Telegram: orgullogalego Youtube: UCe47pH8XQw57JdwKKhZu9pw TikTok: orgullogalego Twitch: orgullogalego Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Orgullo Galego é unha comunidade en redes en lingua galega que naceu no Facebook o 10 de xuño do ano 2016[1]. Actualmente é a comunidade en lingua galega máis grande de toda Internet.

Historia[editar | editar a fonte]

No mes de xuño do ano 2016 naceu no Facebook Orgullo Galego, unha páxina que nos seus inicios tiña como obxectivo divulgar os pensamentos, ideas e reflexións de Borxa González e Anxo Sánchez, dous rapaces de Pontevedra e A Coruña. O nome nace da idea de contar cun recuncho para todas as persoas que se sintan orgullosos e orgullosas do seu.

Froito do éxito acadado, decidiron transformar o proxecto nunha comunidade, darlle máis contido propio e extenderse a outras redes.

Nos seguintes anos chegaron a outras plataformas como Instagram, Twitter[2], YouTube[3] e máis recentemente a Twitch, TikTok, Telegram, Spotify e Mastodon. Tamén contan cunha páxina web onde soben contido propio.

Entrevista en Nós Televisión.

A primeira vez que saíron publicamente nos medios foi nunha entrevista en Nós Televisión[4] emitida no mes de novembro do ano 2020.

Orgullo Galego ten como obxectivos a divulgación da lingua, cultura e tradicións de Galicia mais tamén, como indican na súa páxina web, ser actualidade, denuncia e reflexión. Esta comunidade é o altofalante para a difusión de centos de iniciativas sociais.

Desde o ano 2021 están constituídos como empresa S.L. Abriron unha tenda online [5] e tamén un apartado de subscricións mediante as que acceder a contido exclusivo, promoción de eventos e proxectos e colaborar co proxecto. Até xullo de 2022 levan publicados ducias de artigos sobre distintas temáticas vinculadas á realidade galega e máis de 15.000 post en redes.

A lingua galega é a columna vertebral do proxecto e traballan para demostrar que se pode chegar a un público elevado sen necesidade de abandonar a lingua propia de Galicia. Buscan achegar o seu grao de area para a normalización dunha rede 100% en galego.

Redes sociais e comunidade[editar | editar a fonte]

Están presentes en Facebook, Instagram, Twitter, Telegram, Twitch, Tik Tok, Youtube, Spotify e Mastodon, cunha comunidade superior ás 380.000 persoas que continúa a medrar no seu día a día. Ademais do diverso contido que soben as súas redes sociais cada día, tamén contan cunha canle en Twitch onde conversan con distintas persoas de relevancia como poden ser as Tanxugueiras, Suso de Toro, Manuel Rivas, Rafa Quintía, Montse Fajardo, Ledicia Costas, Carlos Núñez ou Anselmo López Carreira entre outros. Nestas conversas contan con contido de todo tipo mais principalmente ligado á historia, ritos, tradicións e actualidade.

A conversa con Anselmo López Carreira sobre a historia do Reino de Galicia[6] foi galardoada co premio do público na edición do ano 2021 de Youtubeiras.[7]

Na canle de Spotify[8] levaron adiante varias listas temáticas sobre música en galego e que busca divulgar ás bandas galegas que apostan polo idioma de Galicia. Ademais, na súa páxina web contan cunha lista de bandas de música en galego[9] que supera as 600.

Na súa canle de Youtube tamén contan con series sobre o Camiño de Santiago, xornadas sobre entroidos de Galicia, vídeos divulgativos da Mascarada Ibérica ou as series de Rubén Riós Camiñantes do Noso[10] e Arrieiros Somos[11], esta última premiada en varios festivais.

No mes de maio do ano 2022 foi seleccionado polos Fondos Proxectos Culturais do Reino de Galiza[12] da área de cultura da Deputación de Coruña.

En 2023 foi Premio Rosalía de Castro de Lingua.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Quen somos ≫ Orgullo Galego". 2019-11-18GMT+000016:12:37+00:00. Consultado o 2022-06-28. 
  2. "orgullogalegogz". Twitter. Consultado o 2022-07-01. 
  3. "Orgullo Galego - YouTube". www.youtube.com. Consultado o 2022-07-01. 
  4. "Orgullo Galego, unha comunidade na rede". Consultado o 2022-06-28. 
  5. "A tenda online de Orgullo Galego". Consultado o 2022-06-28. 
  6. "Conversas con Anselmo López Carreira· O Reino Medieval de Galicia". Consultado o 2022-06-28. 
  7. "Os V Premios Youtubeiras xa teñen gañadores/as". Consello da Cultura Galega. Consultado o 2022-06-28. 
  8. "OrgulloGalego". Spotify (en inglés). Consultado o 2022-06-28. 
  9. "? Queres música en galego? ≫ Consulta a lista definitiva". Consultado o 2022-07-01. 
  10. "Camiñantes do noso · Trailer". Consultado o 2022-06-28. 
  11. "Trailer de Arrieiros Somos. A visión da vida das e dos nosos maiores". Consultado o 2022-06-28. 
  12. "Botan a andar os 20 proxectos do Fondo Reino de Galiza para ‘mudar o relato hexemónico’ e ‘construír un novo imaxinario colectivo’". Deputación da Coruña. 2022-06-23. Consultado o 2022-06-28. 
  13. Diario, Nós (2023-05-24). "Pakolas, Museo do Pobo Galego, Orgullo Galego e Daniel Romero gañan os Premios Rosalía de Castro". Nós Diario. Consultado o 2023-05-24. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]