Saltar ao contido

Youtubeiras+

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Youtubeir@s»)
Youtubeiras+
Logotipo
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
2015 Editar o valor en Wikidata
 Data de estrea
2017 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Recoñecemento
 Premios e distincións
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: youtubeiras Instagram: youtubeiras.gal Bluesky: youtubeiras.gal Youtube: UCdqOTA4R7QcoOqZybZLaKDA TikTok: youtubeiras Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Youtubeiras+ (até 2024, Youtubeir@s) é un concurso organizado en 2015, polos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo, das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e da Deputación da Coruña.[1] O seu obxectivo é promover e visibilizar o uso do galego en Youtube e nas redes sociais en xeral.

A primeira edición foi no ano 2017[2] co nome de Youtubeir@s. Artellouse en 8 categorías: vídeo-facermos, vídeo-opinarmos, canle, creatividade, eficiencia comunicativa, calidade técnica, calidade lingüística e o premio do público.[3]

En 2019, engadiron a categoría vídeo-cantarmos[4] e sumáronse os concellos de Cedeira, A Coruña, Moaña e Rianxo,[5] cunha dotación económica de 6.500 euros.[6] En 2020, pasou a ter 12 categorías e unha dotación total de 7.500 euros.[7]

No ano 2024, mudou a denominación anterior, pasando a ser a actual Youtubeiras+, ao engadir tamén a rede Tik Tok.[1]

Galardóns

[editar | editar a fonte]

202 vídeos inscritos.[8]

  • Premio Vídeo-Facermos: Corasón de Churrasco por Guiso especial Anti-San Valentín (abstéñanse delicad@s).
  • Premio Vídeo-Opinarmos: Teño unha Horta en San Sadurniño por Prohibido plantar patacas: a praga da couza guatemalteca.
  • Mención Honorífica Enxeño e Creatividade: Jun Dinamita por SmartFol G6! Unha REVIEW moi especial…
  • Mención Honorífica Calidade Técnica: MichaelMood por A noite.
  • Mención Honorífica Eficiencia Comunicativa: O Galego Mola por Tortilla de Pascua.
  • Mención Honorífica Calidade Lingüística: XeoClip por Seis pasos para falar malpicán.

2018 (II)

[editar | editar a fonte]

Avaliados 229 vídeos e 25 canles.[9]

  • Premio Vídeo-Facermos: As Cousas do Choio por Como escaquearse dunha comida familiar.
  • Premio Vídeo-Opinarmos: XeoClip por A expedición Balmis e a vitoria da vacinación.
  • Premio Creatividade: Moustache Media Producciones por Os cazapantasmas.
  • Premio Eficiencia Comunicativa: Aquel-e por O GALEGO FERMOSO (e o que non o é tanto).
  • Premio Calidade Lingüística: Xosé Iglesias por Reivindicación oceánica!!!.
  • Premio Calidade Técnica: Aarón Vilariño por Viaxar.
  • Premio Canle: Nubes Baixo Ti.
  • Proposta Youtubeira: As Cousas do Choio por Como dar cartos ás agachadas.

2019 (III)

[editar | editar a fonte]

252 vídeos e 32 canles, avaliados.[10]

  • Premio Vídeo-Facermos: Aarón Vilariño por O radon: modais para un gas nobre.
  • Premio Vídeo-Opinarmos: XeoClip por Formación dos cantís. Praia das Catedrais.
  • Premio Vídeo-Cantarmos: Blanca e Tinta por O queimaserebros.
  • Premio Creatividade: Cativos na Cociña.
  • Premio Canle: Aquel-e.
  • Premio Eficiencia Comunicativa: MJ Pérez por Rosalía ft. Rosalía – Malaxente (MJ Cover).
  • Premio Calidade Lingüística: O Rabelo por 21 días improvisando.
  • Premio Calidade Técnica: Aarón Vilariño por Os Novos. Quero fugir.
  • Premio do Público: Flow do Toxo por Flow do Toxo.

2020 (IV)

[editar | editar a fonte]

536 vídeos presentados de 113 persoas creadoras.[11]

  • Premio Youtubeir@: Olaxonmario
  • Premio Canle: Prado Rúa
  • Premio Vídeo: Aarón Vilariño por O cabalo de Alberte Merlo
  • Premio Impacto: Aquel-e por Xogando con ANA PONTÓN aos Sims.
  • Premio Calidade Lingüística: Cativos na Cociña por As patacas do paraíso.
  • Premio Calidade Técnica: Antón Varela por Os Vinte do XX.
  • Premio Comunicación: Un Rapá Transquilo.
  • Premio Creatividade: O Son das Ideas.
  • Premio Musical: FØ Records por Lume (feat. Camel Blando).
  • Premio Didáctico: Naturiza.
  • Premio Pioneiro: Cousas RarismASMR
  • Premio do Público: Pablo Rodríguez Vila por APPS para DOCENTES de PRIMARIA/SECUNDARIA.

44 canles presentadas e 64 vídeos avaliados.[12]

  • Premio Youtubeira/o: Olaxonmario.
  • Premio Canle: O Son das Ideas.
  • Premio Impacto: Pablo Rodríguez Vila.
  • Premio Calidade Lingüística: Neeumatiko.
  • Premio Calidade Técnica: Toxío.
  • Premio Comunicación: AstroXabi.
  • Premio Creatividade: Cousas RarismASMR.
  • .Premio Musical: Cousxs.
  • Premio Didáctico: XeoClip.
  • Premio Pioneiro: Recuncho Gamer.
  • Premio Vídeo: Olaxonmario por Por que é que non entendo o português?
  • Premio do Público: Orgullo Galego por Conversas con Anselmo López Carreira: O reino medieval de Galicia.

2022 (VI)

[editar | editar a fonte]

40 vídeos e 75 canles inscritas.[13]

  • Premio Youtubeira: Neeumatiko.
  • Premio Canle: Toxío.
  • Premio Vídeo: Piratas Sen Parche por Eduardita.
  • Premio Revelación: Histérikas Histórikas.
  • Premio Calidade Lingüística: Falemos Do Reino de Galicia.
  • Premio Rede: A Lobeira Today.
  • Premio Pioneiro: Pingando.
  • Premio do Público: Xabi Gómez por Bembibre coas Tanxugueiras.

2023 (VII)

[editar | editar a fonte]

Inscritas 68 canles e 24 vídeos.[14]

  • Premio Youtubeira: Recuncho Gamer.
  • Premio Canle: OU ké!
  • Premio Vídeo: Todomalva GZ por unha fin de semana en londres.
  • Premio Revelación: O Faiado Podcast.
  • Premio Calidade Lingüística: Olaxonmario.
  • Premio Rede: Youtube en galego.
  • Premio Pioneiro: Fica coa Bóla.
  • Premio do Público: Savia Nova por Fun por 3 meses e levo 8 anos coa fauna salvaxe en Namibia.

2024 (VIII)

[editar | editar a fonte]

Participaron 89 canles.[15] [16]

  • Canle de YouTube: Exército Mekemeke.
  • Canle de Tik Tok: Sara Seco levou o galardón á canle de TikTok.
  • Premio á Creación de Contidos: Prado Rúa.
  • Premio á Calidade Lingüística: Luís do Río.
  • Premio Rede: Rabelico Revista.
  • Premio Revelación: Galiactiva.
  • Premio do Público: vídeo A revolución galega de 1846, da canle Orgullo Galego.

2025 (IX)

[editar | editar a fonte]
Foto de familia das gañadoras dos Premios Youtubeiras+ 2025

Participaron 126 canles.[17]

  • Premio á Creación de Contidos: Konachadas.
  • Premio á Mellor Canle: Rodri Míguez.
  • Premio ao Mellor Pódcast: Fóra de mapa pódcast.
  • Premio Calidade Lingüística: Patri Otero.
  • Premio Revelación: O búnker debuxos.
  • Premio Rede: ChutenMeme.
  • Premio do Público: o vídeo Cada historia, unha vida. O 25N no CEIP de Tarrío, de Xurxo Varela.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2019 foi recoñecido co Premio Mil Primaveras concedido pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua na categoría de proxecto máis innovador.[18]

  1. 1 2 "Sobre Youtubeiras+". youtubeiras.gal. Consultado o 6 de maio de 2025.
  2. Sarasketa, Fernando. Código Cero, ed. "Mañá remata o prazo para presentar vídeos a Youtubeir@s". Consultado o 15 de marzo de 2018.
  3. "Unha ducia de vídeos finalistas de Youtubeir@s". Praza Pública. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2019. Consultado o 31 de marzo de 2019.
  4. Fernando Sarasketa (13 de febreiro de 2019). "Volve Youtubeir@s con máis premios e actividades". Código Cero. Consultado o 14 de febreiro de 2019.
  5. Fernando Sarasketa (14 de febreiro de 2019). "Até 13 concellos implícanse este ano no certame Youtubeir@s". Código Cero. Consultado o 15 de febreiro de 2019.
  6. "A Coruña dará acubillo a dúas grandes citas de Youtubeir@s". Código Cero. 11 de marzo de 2019. Consultado o 20 de marzo de 2019.
  7. "Os Premios Youtubeir@s entregan os galardóns da edición máis online e máis concorrida do certame". Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia. Consultado o 2020-12-10.
  8. "I Edición 2017 Youtubeiras+". Consultado o 2026-02-08.
  9. "II Edición 2018 Youtubeiras+". Consultado o 2026-02-08.
  10. "III Edición 2019 Youtubeiras+". Consultado o 2026-02-08.
  11. "IV Edición 2020 Youtubeiras+". Consultado o 2026-02-08.
  12. "V Edición 2021 Youtubeiras+". Consultado o 2026-02-08.
  13. "VI Edición 2022 Youtubeiras+". Consultado o 2026-02-08.
  14. "VII Edición 2023 Youtubeiras+". Consultado o 2026-02-08.
  15. "cd040225.pdf" (PDF). uvigo.gal/.
  16. "VIII Edición 2024 Youtubeiras+". Consultado o 2026-02-08.
  17. Redacción (2026-02-08). "Os Premios Youtubeiras+ xa teñen gañadoras e gañadores". Xornal da Coruña - Noticias da Coruña e área Metropolitana. Consultado o 2026-02-08.
  18. Fernando Sarasketa. "Youbeir@s 2019 encara este setembro a súa recta final". Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia. Consultado o 2019-09-18.