Twitch
Twitch é unha plataforma que permite realizar transmisións en directo a través da Internet. Actualmente, é propiedade de Amazon, Inc., sendo unha das súas principais funcións a retransmisión de videoxogos en directo, sendo rival directo de YouTube. Tamén inclúe transmisións de eSports e outros eventos relacionados cos videoxogos. O contido do sitio poder verse en directo ou baixo demanda.
A súa orixe vén do ano 2007 cando Justin Kan[1] e Emmet Shear fundaron Justin.tv. A categoría de videoxogos desta páxina creceu especialmente rápido e converteuse no contido máis popular do sitio. O 6 de xuño de 2011, Justin.tv lanza Twitch.tv como un subproduto beta enfocado aos deportes electrónicos. O nome inspirouse no termo "twitch gameplay" que se usa para referirse ao tempo de reacción dos xogadores.
Compra por Amazon[editar | editar a fonte]
O 25 de agosto do 2014 anunciouse que Amazon.com comprou Twitch Interactive por $970 millóns[2]. As fontes informaron de que o trato con Google fracasou debido a probable infracción o Dereito da competencia grazas a súa actual propiedade, YouTube.[3]
Contido[editar | editar a fonte]
Twitch diseñouse como unha plataforma para dar cobertura os deportes electrónicos en tempo real. Isto inclúe aos torneos de e-sports, streams personais de xogadores individuais e shows que falan de contigo principalmente relacionado cos videoxogos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Administrator (2019-02-06). "E900: Justin Kan, co-founder of Justin.tv, Twitch.tv & Atrium, shares lessons pioneering live-stream video, early days at YC, learning from failure, selling as a superpower, strengthening core & building startups from the joy of exploration". This Week In Startups (en inglés). Consultado o 2020-07-03.
- ↑ País, El (2014-08-26). "Amazon compra la web de videojuegos Twitch por 735 millones de euros". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-07-03.
- ↑ CD, Alex (2014-08-26). "¿Por qué Amazon ha comprado Twitch y no Google?". Vidaextra (en castelán). Consultado o 2020-07-03.