Conversa:Desembarco de Normandía

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Segundo a miña opinión o nome do artigo é incorrecto. Non se debería confundir o desembarco de Normandía coa batalla de Normandía. O desembarco foi sinxelamente un dos capítulos de toda a batalla, o máis famoso, iso si, pero non o único.

Ademais o artigo fala de que a batalla remata coa caída de Cherburgo, cando en practicamente todos os libros de historia dáse por rematada coa liberación de París días máis tarde. Propoño polo tanto un cambio de nome ou a creación do artigo Batalla de Normndía e deixar este só para a parte do desembarco, como indica o nome que xa ten. Un saúdo. --Beninho 07:04, 27 xaneiro 2007 (UTC)