Saltar ao contido

Comisión Internacional sobre Estratigrafía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Comisión Internacional sobre Estratigrafía (en inglés, International Commission on Stratigraphy, ICS) é un importante comité científico, dentro da Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas (IUGS), que se ocupa da estratigrafía, xeoloxía e xeocronoloxía a escala mundial. É esencialmente unha subcomisión que traballa permanentemente e que se reúne con bastante frecuencia, ademais das reunións cuadrienais previstas pola IUGS.

Obxectivos

[editar | editar a fonte]

Entre os seus principais obxectivos está o de definir as unidades globais (sistemas, series e pisos) da táboa cronoestratigráfica internacional que, á súa vez, son a base para as unidades (períodos, épocas e idades) da escala de tempo xeolóxico internacional; e, polo tanto, de establecer estándares globais para a escala fundamental para expresar a historia da Terra.[1] É un proxecto iniciado en 1974, para establecer un estándar multidisciplinar e unha Escala de tempo xeolóxico que facilitará as comparacións paleontolóxicas e xeobiolóxicas entre diferentes rexións. Para iso establecéronse patróns obtidos con criterios estratigráficos rigorosos e coa axuda do rexistro fósil, denominados seccións e puntos de estratotipos de límite globais (GSSP).

A comisión tamén publica varios relatorios e atualizacións estratigráficas, como a Táboa Estratigráfica Internacional.[2][3]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

A ICS edita as revistas periódicas Lethaia (en colaboración coa Asociación Paleontolóxica Internacional), Episodes (sobre a actividade científica da IUGS), Stratigraphy, Geoarabia (xeoloxía do petróleo), Newsletters on Stratigraphy e Carnets de Géologie / Notebooks on Geology.

  1. International Commission on Stratigraphy Web oficial. (en inglés)
  2. International Commision on Stratigraphy. "Chart/Time Scale". stratigraphy.org. Consultado o 4/12/2012.  (en inglés)
  3. Instituto Geológico. "Tradução Oficial da Tabela Estratigráfica Internacional". igeologico.gov. Arquivado dende o orixinal o 28/01/2019. Consultado o 4/12/2012.  (en portugués)