O ano da carracha
O ano da carracha | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | El año de la garrapata |
Director | Jorge Coira |
Produtor | Antón Reixa Xosé de Cora |
Guión | Carlos Portela |
Intérpretes | Félix Gómez Javier Veiga Verónica Sánchez Víctor Clavijo María Vázquez |
Fotografía | Chechu Graf |
Montaxe | Gillermo Represa |
Distribuidora | Manga films |
Estrea | 20 de agosto de 2004 |
Duración | 87 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Comedia |
Na rede | |
O ano da carracha (en castelán: El año de la garrapata) é unha coprodución galega do ano 2004 dirixida por Jorge Coira e protagonizada por Verónica Sánchez, Félix Gómez e Javier Veiga.
Con guión de Carlos Portela, trátase dunha comedia xuvenil caracterizada polo sarcasmo e as referencias xeracionais á cultura alimentada de televisión, cine e rock. Estreouse o 20 de agosto de 2004 e gañou 8 Premios Mestre Mateo 2004 incluíndo mellor película e director.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Fran (Félix Gómez) chega ó inevitable momento de acabala carreira. A partir de aí, xorden un chea de dilemas dos que vai depender o seu futuro. O seu primeira traballo, os problemas coa súa moza provocados pola crise poslicenciatura e a lotaría das oposicións van a traer de cabeza ó protagonista. Cada decisión será vital, aínda que Fran terá a guía de Morgan, fillo de ricos e fachendoso teórico do "carrachatismo", do que aprenderá moito sobre como chegar á doe vida da dependencia paterna.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Félix Gómez como Fran
- Javier Veiga como Morgan
- Verónica Sánchez como Ana
- María Vázquez como Patricia
- Víctor Clavijo como Lito
- Camila Bossa como Rosa
- Mela Casal como Nai de Fran
- Celso Parada como Pai de Fran
- Josefina Gómez como Avoa de Fran
- Rosa Álvarez como Amiga de Morgan
- Elina Luaces como Nai de Morgan
- Manuel Millán Vázquez como Home 1
- Mariana Carballal como Muller 1
- Ernesto Ferro como Home 2
- Marta Pazos como Laura
- Xosé Manuel Olveira "Pico" como Director da iogurteira
- Luis Zahera como Encargado da motivación dos empregados
- Xulio Abonjo
- César Goldi
- Alberto Mourelos
- Avelina Vázquez
Premios
[editar | editar a fonte]- 3ª edición dos Premios Mestre Mateo
- Mellor filme
- Mellor dirección (Jorge Coira)
- Mellor interpretación masculina protagonista (Javier Veiga)
- Mellor interpretación feminina secundaria (Camila Bossa)
- Mellor interpretación masculina secundaria (Luis Zahera)
- Mellor dirección de produción (Xabier Eirís)
- Mellor montaxe (Guillermo Represa)