Saltar ao contido

Verónica Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVerónica Sánchez

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Verónica Sánchez Calderón Editar o valor en Wikidata
1 de xullo de 1977 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Sevilla, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMadrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema (2003–), actriz de teatro (2002–), presentadora de televisión, modelo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2003 Editar o valor en Wikidata -

Sitio web4vr2.com… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0845189 Allocine: 146052 Allmovie: p228616
Instagram: veronicasanchezoficial BNE: XX1537122 Discogs: 2486495 Editar o valor en Wikidata

Verónica Sánchez Calderón, nada en Sevilla o 1 de xullo de 1977, é unha actriz española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Arte Dramática en Madrid, compartindo un piso de alugueiro co tamén actor Félix Gómez. Mentres finalizaba os seus estudos, Verónica realizou algúns traballos esporádicos en obras de teatro como Bodas de sangue, baseada na peza de Federico García Lorca.

A súa sorte cambiou cando se presentou á audición da película Al sur de Granada, dirixida por Fernando Colomo. Verónica quedou seleccionada para o papel de Juliana, unha moza das Alpujarras que mantivo un romance con Gerald Brenan (Mathew Goode), do cal quedaría embarazada. Na película, Verónica transmitía unha imaxe cándida e á súa vez enérxica dunha mocidade que se vería obrigada a madurar a base dunha maior implicación coa súa realidade social.

Ó concluír a rodaxe, Luís San Narciso fixouse nela e fichouna para a serie de televisión Los Serrano, onde interpretou a Eva, a filla dunha profesora de instituto chamada Lucía (Belén Rueda) que contraía segundas nupcias cun taberneiro viúvo (Diego: Antonio Resines), cuxo fillo máis vello (Marcos: Fran Perea) se convertería na súa parella, coa que viviría momentos amargos tales como unha voda suspendida e unha infidelidade que ela cometeu co mellor amigo de Marcos, Raúl (Alejo Sauras). Pódese dicir que Eva ten polo menos 10 anos menos que a idade real de Verónica.

Por mor do seu papel na serie, Verónica foi gañando popularidade e aínda que esa fama lle acaerreou algún desgusto -o acoso da prensa rosa-, pronto esta proporcionoulle certos beneficios: a adquisición de casa propia así como unha candidatura ó Premio Goya á mellor actriz revelación que recaeu nas mans de María Valverde Rodríguez.

Mentres continuaba a rodaxe da serie, Verónica avanzaba na súa carreira cinematográfica. Protagonizou xunto ex compañeiro de piso Félix Gómez unha comedia titulada O ano da carracha. A este papel seguiulle Sara, unha estudante de universidade virxe que se integraba nun un grupo de rock chamado As Siux e que tocaba nunha coñecida discoteca o 23-F de 1981. A película chamábase El Calentito e reincidía no seu perfil de nena-adulta que perdía a súa inocencia, incorporábase ó mundo real, tomaba as súas propias decisións, impondo un criterio propio.

Antes de estrear comercialmente este filme, Verónica xa tiña en cartel Camarón, na que interpretou a Chispa, a muller de Camarón de la Isla, cuxa relación marcaría o final da súa adolescencia trala cal se convertería na sufrinte esposa dun home ao que quería axudar a superar a súa drogadicción e a vencer un agresivo cancro de pulmón que acabaría coa súa vida. Para abordar o seu papel, Verónica entrevistouse coa auténtica Dores Montaya.

Verónica Sánchez en Madrid en 2016.

Apenas concluída esa rodaxe, Verónica incorporouse á de Los 2 lados de la cama, na que encarnou a Marta, unha muller que abandona ó seu prometido para iniciar unha relación lésbica. Lucía Jiménez, Guillermo Toledo, Ernesto Alterio, Alberto San Juan, Pilar Castro e María Esteve acompañábana nunha comedia musical na que o seu personaxe sentíase pouco amada pola súa moza e á que lle concedía ó final da función a liberdade afectiva: de novo Verónica Sánchez escenificaba o proceso á madurez na gran pantalla.

En maio Verónica iniciou a promoción de El Calentito que abandonou para unirse ó elenco de Mia Sarah, onde tivo de compañeiros de elenco a Daniel Guzmán, Fernando Fernán Gómez, Manuel Lozano e Phyllida Law. Finalizada a película, Verónica acudiu xunto a Óscar Jaenada ó Festival de Cine de Donostia para promocionar Camarón.

Debido ós seus compromisos cinematográficos, Verónica deixou durante un tempo Los Serrano.

O 15 de decembro de 2005 Eduardo Noriega e Silvia Abascal anunciaban que ela optaba ao Premio Goya á mellor interpretación feminina secundaria, e que xa que logo xa podía deixar de considerarse unha promesa para formar parte da industria. Apenas dúas semanas despois estreábase Los 2 lados de la cama.

En 2006 protagonizou a primeira tempada de Génesis: en la mente del asesino onde interpretou a unha psicóloga criminalista e aceptou un papel nas Las trece rosas (2007). Ó final do ano recibiu unha candidatura ás medallas do círculo de escritores cinematográficos por Mia Sarah (2006).

En 2011 participou na coprodución española, chilena e mexicana La lección de pintura realizando o papel de Elvira, unha moza do sur de Chile que ten un fillo cun excepcional talento para a pintura.

En 2013, a actriz fichou pola serie Gran Reserva: El origen que se emitiu en La 1 de Televisión Española e na que deu vida a Sofía Reverte.

En 2014 a actriz estreou unha nova serie na cadea Antena 3 chamada Sin identidad na que dá vida a Amparo e comparte estudio con intérpretes como Megan Montaner ou Miguel Ángel Muñoz.

En 2015, a actriz cae da repartición de Mar de plástico, a nova serie de prime time de Antena 3 e súmase a El Caso. Crónica de sucesos no papel feminino protagonista, Clara López-Dóriga, da nova serie de prime time de TVE.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Película Director
2012 La montaña rusa Emilio Martínez Lázaro
2011 La Lección de Pintura Pablo Perelman
2009 Gordos Daniel Sánchez Arévalo
2007 Zenitram Luis Barone
2007 Las trece rosas Emilio Martínez Lázaro
2006 Mia Sarah Gustavo Ron
2005 Los 2 lados de la cama Emilio Martínez Lázaro
2005 Camarón Jaime Chávarri
2005 El Calentito Chus Gutiérrez
2004 O ano da carracha Jorge Coira
2004 Mirados Julio Fraga
2003 Al sur de Granada Fernando Colomo

Televisión

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Película Resultado
2005 Premio Goya á mellor interpretación feminina secundaria Camarón Nomeada
2003 Premio Goya á mellor actriz revelación Al sur de Granada Nomeada
Ano Categoría Película Resultado
2007 Premios do Círculo de Escritores Cinematográficos á mellor interpretación feminina Mia Sarah Nomeada
2006 Premio Fotogramas de Prata á mellor actriz de televisión Los Serrano Nomeada
2003 Premio ACE á mellor interpretación feminina Al sur de Granada Nomeada
2003 Premio da Unión de Actores á mellor actriz revelación Al sur de Granada Nomeada

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]