Mesosfera
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
En meteoroloxía denomínase mesosfera a parte da atmosfera situada por riba da estratosfera, desde a estratopausa (zona de contacto entre a estratosfera e a mesosfera), e por debaixo da termosfera. Na mesosfera a temperatura diminúe a medida que aumenta a altura, até chegar a uns -80 °C aos 80 quilómetros aproximadamente. É a zona máis fría da atmosfera.
A mesosfera, que se estende entre os 50 e 80 km de altura, contén só aproximadamente o 0,1% da masa total do aire. É importante pola ionización e as reaccións químicas que acontecen nela. A baixa densidade do aire na mesosfera determina a formación de turbulencias e ondas atmosféricas que actúan a escalas espaciais e temporais moi grandes. A mesosfera é a rexión onde as naves espaciais que volven á Terra empezan a notar a estrutura dos ventos de fondo, e non só o freo aerodinámico. Tamén, nesta capa, é onde se forman as estrelas fugaces, que son meteoroides que se desintegraron na termosfera.
Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |