Nomenclatura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A nomenclatura é o conxunto de nomes ou termos propios dunha determinada disciplina científica ou artística, así como a metodoloxía adoptada para a asignación de nomes.

Exemplos[editar | editar a fonte]

En química, a nomenclatura de elementos e compostos químicos é o sistema de asignación de nomes a substancias químicas, coordinada pola IUPAC. En física encárgase da coordinación necesaria a IUPAP. Moitas linguas teñen institucións encargadas de controlar e ordenar a variación ordenada do idioma, como a Real Academia Galega para a lingua galega.