Tuba (nube)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tuba dun tornado acontecido en Kansas, Estados Unidos, o 31 de maio de 1949

A tuba é un trazo suplementario das nubes, consistente nunha columna nubosa ou cono nuboso invertido en forma de funil. Está asociado aos tornados.

A súa formación débese á colisión dunha corrente de aire cálido e húmido con outra moi fría, dando lugar a cumulonimbus mammatus. O aire quente sobe violentamente facéndose oco a través do aire moi frío, movemento que se transmite ás capas baixas en forma de remuíño, sinusoidal, expulsando gran parte do aire frío. O aire enrarecido que logra ficar na parte inferior central provoca a condensación do vapor de auga. Fórmase entón a tuba.

É exclusivo do xénero cumulonimbus.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martín León, F. e Quirantes, J. A., Cazadores de nubes, Ministerio de Educación y Ciencia, Gobierno de España.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]