Reino de África

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Reino de África
1135–1160

Escudo

Lema: Apulus et Calaber,
Siculus mihi servit et Afer

(Puglia e Calabria e Sicilia, sérvenme, e África)
Roxerio II de Sicilia creou en 1135 o Reino Normando de África, anexionado, de facto ao seu Reino de Sicilia
Capital Mahdia
Lingua Árabe
Relixión Islam (maioritaria), Cristianismo (minoría)
Goberno Monarquía
Rei Roxerio II de Sicilia
Guillerme I de Sicilia
Historia
 • Conquista militar de Roxerio II 1135
 • Conquista militar polos Almohades 1160

Co nome de Reino de África ou Reino Normando de África coñécense as posesións africanas da Casa de Hauteville, territorios ocupados, a partir de 1135, polo rei normando de Sicilia, Roxerio II, na zona costeira norteafricana de Tunisia e Tripolitania, e anexionado, de facto, ao Reino de Sicilia.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Roxerio II de Hauteville fixo do seu reino de Sicilia a nación dominante no Mediterráneo. Grazas a unha poderosa frota, formada baixo a dirección de varios almirantes, fixo unha serie de conquistas na costa de África entre 1135 e 1153, que ían desde Trípoli (actual Libia) até o cabo Bon (actual Tunisia) e Bona (actual Alxeria).[1]

Nesas dúas décadas, Roxerio II creou un "Reino Normando de África", que se converteu nuna especie de "protectorado" siciliano, apoiado en parte pola pequeña comunidade cristiá que sobrevivivira á conquista musulmá da África do Norte.[2]

Os normandos aproveitaron o feito de que unha epidemia (seguida dunha gran fame) debilitara aos árabes de Tunisia, e foron recibidos con simpatía polos habitantes grazas aos alimentos que levaron os normandos desde Sicilia.
Con eles trasladáronse varios centos de cristiáns, que crearon un resentimento entre os musulmáns locales. Na capital, Mahdia, foi aberta oficialmente unha igrexa católica local, a primeira desde a conquista árabe do século VIII.[1]

En 1146 o rei normando aproveitou unha crise interna entre os árabes para conquistar toda a Tripolitania costeira até o golfo de Sidra.[1]

Os normandos de Sicilia deron total autonomía administrativa aos nobres árabes locais, pero xa en 1158, pouco despois da morte de Roxerio II en 1154, reinando xa Guillerme II de Sicilia, os almohades apoderáronse de case todo o Reino de África.

En 1160, a capital do reino e último baluarte cristián en África do Norte, Mahdia, caeu en mans árabes.[3]

Sucesivamente os cristiáns de África desapareceron a causa das persecucións dos fanáticos musulmáns almohades, aínda que unhas moi pequenas comunidades sobreviviron no sur de Tunisia durante algúns séculos máis.[4]

Último reduto[editar | editar a fonte]

Soamente a pequena illa de Tabarka, no norte de Tunicia, quedou en mans cristiás (até o inicio do Renacemento), por ser propiedade da República de Pisa que tiña contratos comerciais de explotación do coral co bei de Tunes.[5] O illote de Tabarka (40 hectáreas), converteuse co tempo no predecesor das Prazas de soberanía españolas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Charles Dalli 2008.
  2. Alex Metcalfe (2009): The Normans in Africa, in The Muslims of Medieval Italy. Edimburgh: Edinburgh University Press. ISBN 978-0-7486-2008-1, p. 160.
  3. Francesco Gabrieli (1959): Normanni e Arabi, «Archivio storico pugliese», XII.
  4. Virginie Prevost (2007): "Les dernières communautés chrétiennes autochtones d’Afrique du Nord"] Revue de l’histoire des religions 4: 461-483. (Texto íntegro).
  5. "Corallo e Tabarka". Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2019. Consultado o 18 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibilografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]