Saltar ao contido

Endoscopia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Laparoscopia.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A endoscopia é unha técnica diagnóstica da medicina, que consiste na introdución dunha cámara ou lente dentro dun tubo ou endoscopio a través dun orificio natural, unha incisión cirúrxica ou unha lesión para a visualización dun órgano oco ou cavidade corporal.

O endoscopio é un instrumento (produto sanitario) en forma de tubo, que pode ser ríxido ou semiflexible, e que contén unha luz e unha óptica que permiten a visualización do interior dun órgano oco ou dunha cavidade corporal.[1]

O estudo de endoscopia divídese a grandes liñas en catro grupos:

  1. Panendoscopia ou endoscopia alta.
  2. Endoscopia baixa.
  3. Esofago-duodenoscopia ou revisión completa do tubo dixestivo.[2]
  4. Colanxiopancreatografía endoscópica ou CPRE.

A endoscopia ademais de ser un procedemento diagnóstico minimamente invasivo, tamén pode realizar manobras terapéuticas como unha colecistectomía laparoscópica ou a toma de biopsias.

  1. American Gastroenterological Association. "Five Things Physicians and Patients Should Question" (PDF). Choosing Wisely: an initiative of the ABIM Foundation. American Gastroenterological Association. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de agosto de 2012. Consultado o 17 de agosto de 2012. 
  2. Mayo Clinic staff. "Upper endoscopy". 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.