Cirurxía metabólica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Procedemento laparoscópico empregado en cirurxía metabólica.

A cirurxía metabólica é o conxunto de procedementos cirúrxicos empregados para tratar a diabetes mellitus tipo 2 ("cirurxía diabética"[1]) e outras disfuncións metabólicas.[2]. Este tipo de cirurxía ten coma obxectivo a produción de cambios no eixo enteroaxial, de xeito que o intestino produce máis cantidade de incretinas, unhas hormonas con efecto antidiabético.[3]

A taxa de curación da diabetes mediante a cirurxía metabólica é arredor do 80%.[4]

Indicacións[editar | editar a fonte]

O efecto metabólico que ten a cirurxía metabólica radica na estimulación e mellora da función das células beta, localizadas nos illotes de Langerhans do páncreas. Estas células son as encargadas de producir insulina, hormona implicada na fisiopatoloxía da diabetes. Na diabetes tipo 2 existe unha perda de función das células produtoras de insulina, de xeito que esta se produce en menor cantidade e ten unha acción peor. A cirurxía metabólica estimula ditas células para mellorar a produción de insulina. Na diabetes tipo 1, porén, non existen ditas células beta, o que fai que a cirurxía diabética non sea efectiva neste tipo de diabetes.

Na actualidade, a principal indicación para a cirurxía metabólica é a obesidade. Así, na actualidade está indicado operar a todas as persoas que teñan un índice de masa corporal de máis de 35Kg/m2 e diabetes mellitus tipo 2.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rubino, Francesco. Diabetes Care, ed. "Diabetes Surgery: A New Approach to an Old Disease". Consultado o 14 de febreiro de 2015. 
  2. Rubino, Francesco. Bariatric News, ed. "What is “metabolic surgery”?". Consultado o 14 de febreiro de 2015. 
  3. Papamargaritis, D; Mirras, AD (2013). "Influence of diabetes surgery on gut hormones and incretins" (PDF). Nutrición hospitalaria. (28): 95–103. PMID 23834052. Consultado o 14 de febreiro de 2015. 
  4. Valentí Azcárate, Víctor. Cínica Universidad de Navarra, ed. "Tratamiento de la cirugía metabólica.". Consultado o 14 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]