Cirurxía bariátrica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cirurxía bariátrica é un eido cirúrxico que abrangue as técnicas e procedementos empregados para tratar a obesidade. O obxectivo da cirurxía bariátrica é a diminución do peso e do índice de masa corporal, así como a mellora das doenzas relacionadas con esta, en especial a dislipemia e a hipertensión arterial.

Tipos de procedementos[editar | editar a fonte]

Existen tres categorías de técnicas cirúrxicas:[1][2]

Técnicas restritivas[editar | editar a fonte]

Son procedementos que inducen á perda de peso ao reducir o tamaño ou a capacidade gástrica, limitando drasticamente a inxesta de alimentos.

  • Gastroplastia vertical en banda
  • Gastroplastia vertical anelada
  • Banda gástrica axustábel
  • Gastroplastia vertical reforzada
  • Gastroplastia
  • Gastroplastia vertical sen anel
  • Manga gástrica ou gastrectomia vertical
  • Balón intragástrico ou balón gástrico

Técnicas malabsortivas[editar | editar a fonte]

Procedementos exclusivamente malabsortivos; estes raramente son realizados, debido ao alto risco de serias complicacións co paso do tempo.

  • Bypass yeyunoileal

Técnicas mixtas (ou restritivas/malabsortivas)[editar | editar a fonte]

By-pass gástrico en Y de Roux.

Procedementos mixtos restritivo-malabsortivos que además de reducir a capacidade gástrica, alteran a continuidade gástrica normal e interrompen a absorción dos nutrientes e alimentos inxeridos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Salinas P, Hugo; Naranjo D, Benjamín; Rojas C, Jorge; Retamales M, Beatriz; Vera N, Francisco; Sobrón B, Marco (2006). "CIRUGÍA BARIÁTRICA Y EMBARAZO". Revista chilena de obstetricia y ginecología (en inglés) 71 (5). ISSN 0717-7526. doi:10.4067/S0717-75262006000500011. 
  2. Zugasti, A. Hospital Universitario Gregorio Marañó; Moreno, B. Hospital Universitario Gregorio Marañó (2017-10-16). "Cirugía bariátrica: situación actual". Revista de Medicina de la Universidad de Navarra (en castelán) 0 (0): 66–71. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2019. Consultado o 21 de marzo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]