Crime organizado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O gángster do século XX Al Capone é unha figura frecuentemente asociada co crime organizado.

Crime organizado ou organización criminal son termos que caracterizan grupos transnacionais, nacionais ou locais altamente centralizados e xestionados por criminais, que pretenden involucrarse en actividades ilegais, xeralmente co obxectivo de lucro monetario. Algunhas organizacións criminais, tales como organizacións terroristas, teñen tamén motivacións políticas. Ás veces, esas organizacións forzan as persoas a estabelecer negocios con elas, como cando unha banda extorsiona cartos dos comerciantes en troques de "protección".[1]

Outros tipos de organizacións, incluíndo Estados, militares, forzas policiais e empresas, poden, ás veces, usar métodos do crime organizado para alcanzar os seus intereses, mais os seus poderes derivan da súa condición de institucións sociais formais. Hai unha tendencia para distinguir o crime organizado doutras formas de crimes, como crimes financeiros, políticos, de guerra, gobernamentais, entre outros. Esta distinción non sempre é evidente e aínda hai debate académico sobre o asunto.[2] Por exemplo, nos estados falidos, que non poden realizar as funcións sociais básicas, como infraestruturas, educación ou seguranza xeralmente debido a grupos rebeldes ou extrema pobreza, o crime organizado, o goberno e a guerra son moitas veces factores complementarios entre si. O termo "mafiocracia parlamentaria" é moitas veces atribuído a países democráticos cuxas institucións políticas, sociais e económicas están baixo o control de poucas familias e/ou oligarquías empresariais.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Macionis, Gerber, John, Linda (2010). Sociology 7th Canadian Ed. Toronto, Ontario: Pearson Canada Inc. p. 206.
  2. Tilly, Charles. 1985. “State Formation as Organized Crime.” In Evans, Peter, Dietrich Rueschemeyer, and Theda Skocpol eds. Bringing the State Back In Cambridge: Cambridge University Press.
  3. Entrevista con Panos Kostakos (2012) Is Oil Smuggling and Organized Crime the Cause of Greece’s Economic Crisis? (por Jen Alic)