Muhammad Ali

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muhammad Ali.

Muhammad Ali-Haj, nado co nome de Cassius Marcellus Clay en Louisville (Kentucky) o 7 de xaneiro de 1942, é un ex boxeador afroamericano. Foi un dos máis grandes boxeadores mundiais, coñecido tamén polo seu activismo político.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cando aos 12 anos denunciou o roubo da súa bicicleta a un policía que resultou ser adestrador de boxeo e que lle suxeriu que estaba capacitado para a práctica dese deporte, e baixo a súa tutela comezou a loitar nas categorías xuvenís. Nos Xogos Olímpicos de 1960, en Roma gaña unha medalla de ouro na categoría de pesos lixeiros e decide converterse en profesional baixo a tutela de Angelo Dundee.

Clay pronto comezou a se volver famoso polo seu estilo pouco ortodoxo, os seus resultados espectaculares e a súa constante autopromoción. Moitas veces recitaba poemas compostos por el mesmo nos que mencionaba en cal round noquearía ó seu opoñente. Polo outro lado, eran recoñecidas as súas gabanzas a si mesmo, con frases como "son o máis grande" ou "son xove, fermoso, veloz e ninguén pódeme vencer".

O 29 de outubro de 1960, en Louisville, obtivo a súa primeira vitoria como profesional. Foi por puntos, nunha pelea a 6 rounds enfrontándose a Tunney Hunsaker, quen era o xefe de policía de Fayetteville, West Virginia. Entre 1960 e 1963, o xove púxil alcanzou un récord de 19-0, incluíndo 15 knockouts. Derrotou a boxeadores da talla de Tony Esperti, Jim Robinson, Donnie Fleeman, Duke Sabedong, Alonzo Johnson, George Logan, Willi Besmanoff e Lamar Clark (o cal gañara as súas 40 peleas anteriores por knockout).

Primeira época como campión[editar | editar a fonte]

Muhammad Ali en 1967.

Entre as vitorias máis resoantes de Clay nesta época, deben resaltarse as disputadas con Sonny Banks (o cal logrou tirar á lona a Cassius durante a pelea), Alejandro Lavorante, e Archie Moore (unha lenda do boxeo que tiña no seu haber 200 vitorias). Curiosamente, tanto Banks como Lavorante morreron no ring en combates posteriores. Cassius transformouse no contendente número un polo título que naquel entón ostentaba Sonny Liston. Liston era temido e respectado, e practicamente ninguén outorgáballe ó novo boxeador oportunidades de derrotar ó campión. Liston non so conseguira a coroa ó noquear no primeiro asalto a Floyd Patterson, senón que tamén o demoleu no desquite. Igualmente despachou pola vía rápida a Cleveland Williams, Nino Valdés e Zora Folley. Sen embargo Cassius conseguiu a vitoria neste combate coa súa peculiar técnica que el mesmo definira como "voo coma unha bolboreta e pico coma unha abella" a cal baseábase en moverse ó redor do rival e ir golpeándoo constantemente de forma que o rival non puidese pensar en case ningún momento do combate, un año despois Cassius Clay (chamado xa Muhammad Ali pola súa conversión ós musulmáns negros) deu o desquite co título do mundo en xogo a Sonny Liston pero este non puído facer nada e foi derrotado no primeiro asalto cun dos KO máis bonitos da historia do boxeo, o golpe co que o noqueou foi coñecido como a man pantasma.

Ali defendería a súa coroa de campión do mundo dos pesos pesados en diversas ocasións ata que pola súa negativa a acudir á guerra do Vietnam, este foi desposuído do seu título e condenado a 5 anos de prisión. Así tamén (pese a que custe crelo) Alí admitiu que Oscar Natalio "Ringo" Bonavena foi o seu mellor opositor.

Segunda época como campión[editar | editar a fonte]

A súa primeira derrota produciuse ó tratar de reconquistar o cinto dos pesados ante Joe Frazier, derrota que foi por puntos en 15 asaltos. Non tardaría en ter outra oportunidade e lograría a lendaria vitoria de Kinshasa ante o pegador George Foreman. Renovaría o título ante Frazier nun brutal combate e logo defendeuno ante diferentes boxeadores como Norton, Hepner, Evangelista o Shavers. Sorprendentemente perdeuno ante Leon Spinks, un boxeador que viña de disputar os xogos olímpicos e levaba 8 combates profesionais. A pesar de que todo fora bonito no desquite impúxose por puntos ante o propio Spinks.

Anunció a súa retirada do boxeo, aínda que volveu no ano 1980 para disputar o título mundial ante Larry Holmes, co que perdeu antes do límite, e un combate que perdeu a puntos contra Trevor Berbick, en 1981. Tras estes combates, poñía fin a súa carreira no boxeo profesional de forma definitiva. O seu récord ó final da súa carreira é de: 61 combates disputados con 56 vitorias (37 por K.O.) y 5 derrotas, considerándose así coma un dos maiores boxeadores da historia.