Bruno Mauricio de Zabala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bruno Mauricio de Zabala
Nacemento6 de outubro de 1682
Lugar de nacementoDurango
Falecemento31 de xaneiro de 1736
Lugar de falecementoRío Paraná
SoterradoCatedral Metropolitana de Buenos Aires
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar
editar datos en Wikidata ]
Casa natal de Zabala

Bruno Mauricio de Zabala, nado en 1682 e finado en 1736, foi un militar e administrador colonial vasco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no arrabalde de Zabala (entón extramuros a vila de Durango, hoxe integrado no centro urbano), na provincia de Biscaia que integra a comunidade autónoma do País Vasco. A súa casa natal consérvase na actualidade e sobre un dos seus muros poden apreciarse dúas placas conmemorativas do seu labor fundacional alén dos mares.

Foi nomeado capitán xeneral do Río da Prata (1717), onde reprimiu a pirataría e enfrontouse aos portugueses, que se querían apropiar da ribeira da Prata; contra estes ergueu un fortín (1726), que daría orixe a Montevideo, a futura capital do Uruguai. En 1725 e 1735 enfrontouse ao movemento comuneiro de Paraguai.