Departamento de Montevideo
Aparencia
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Uruguai | ||||
| Capital | Montevideo | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.302.954 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 530 km² | ||||
| Altitude | 43 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 27 de xaneiro de 1816 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | Intendencia de Montevideo | ||||
| • Xefe do goberno | Mario Bergara (en) | ||||
| Órgano lexislativo | Junta Departamental de Montevideo (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 11000–13000 | ||||
| ISO 3166-2 | UY-MO | ||||
Montevideo é un departamento uruguaio cuxa capital é tamén a capital do país, Montevideo. Áchase na zona sur do territorio, sobre o litoral do Río da Prata. Limita polo noroeste con San José e está rodeado polo departamento de Canelones.
Posúe unha superficie de 530 km² (onde aproximadamente o 60% é área rural e o restante 40% área urbanizada ou potencialmente urbanizable). A súa máxima elevación é o Cerro de Montevideo, con 132 m de altura. Con aproximadamente o 40% da poboación total do país, é o departamento máis pequeno en canto a superficie e o que ten maior densidade de poboación. A súa zona de influencia abrangue aos municipios veciños, formando o que se coñece como Zona metropolitana de Montevideo.

Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Intendencia Municipal de Montevideo.
- O proceso de descentralización e participación cidadá en Montevideo.
- vecinet Comunicación alternativa independente para a participación e a organización popular (axencia de noticias, documentación e comunicación veciñal)
- Sistema de información xeográfica Municipal
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
