Saltar ao contido

Monte Porreiro, Mourente, Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 8 de maio de 2020 ás 02:21 por Estevoaei (conversa | contribucións) (Desfixéronse as edicións de 77.27.217.168 (conversa); cambiado á última versión feita por Lameiro)

Coordenadas: 42°26′47″N 08°37′25″O / 42.44639, -8.62361

Monte Porreiro

Entrada a Monte Porreiro
ParroquiaMourente
ConcelloPontevedra
Coordenadas42°26′47″N 8°37′25″O / 42.44638889, -8.62361111Coordenadas: 42°26′47″N 8°37′25″O / 42.44638889, -8.62361111{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
editar datos en Wikidata ]

Monte Porreiro é un lugar da parroquia de Mourente. É un barrio urbano da cidade de Pontevedra, e é parroquia relixiosa de seu desde finais do século XX, sendo o seu patrón o Bo Pastor.

Características

Monte Porreiro é un núcleo urbano situado ao noroeste da cidade. Linda ao norte e o oeste co río Lérez, ao leste coa parroquia de Mourente e ao sur co barrio da Seca.

A comezos do século XX Casimiro Gómez mercou unha leira dunhas 70 hectáreas en Monte Porreiro, á que chamou Villa Buenos Aires. Converteuna nunha fermosa e rica explotación agropecuaria, onde pasaba as súas vacacións. Alí cultivaba viñedos e frutais, reservando unha importante extensión de terreo para a cría de gando. Os produtos da leira recibiron importantes premios nas diferentes Exposicións as que concorreron. Para rendabilizar a riqueza das augas dos mananciais minero-medicinais do entorno da leira, levou a cabo un proxecto de creación dun balneario. Na súa finca construíu un dos primeiros campos de tenis de Galicia.

Na década de 1970 comezou a urbanización do monte, coa construción duns chalés na rúa Reino Unido, á que seguiron modernas torres ladeira arriba. En 20 anos, aquilo pasou de ser uns campos de cultivo e pastos a unha cidade dormitorio moi preto do núcleo urbano.

A igrexa parroquial católica foi inaugurada por Julián Barrio o 9 de outubro de 2010.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos

Lugares e parroquias

Lugares de Mourente

Lugares da parroquia de Mourente no concello de Pontevedra

Areás | A Bouza | Os Campos | Carabelos | Casas Novas | Condesa | Cons | Eirós | Freixeiro | A Laxe | Moldes | Monte Porreiro | O Monte | Mourente | O Outeiro | O Pazo | A Raxeira | San Amaro | Santa Margarida | Vilaverde

Parroquias de Pontevedra

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pontevedra

Alba (Santa María) | Bora (Santa Mariña) | Campañó (San Pedro) | A Canicouva (Santo Estevo) | Cerponzóns (San Vicente) | Lérez (San Salvador) | Lourizán (Santo André) | Marcón (San Miguel) | Mourente (Santa María) | Ponte Sampaio (Santa María) | Pontevedra | Salcedo (San Martiño) | San Xosé (San Xosé) | Santa María de Xeve (Santa María) | Tomeza (San Pedro) | Verducido (San Martiño) | A Virxe do Camiño de Pontevedra | Xeve (Santo André)