Campo Municipal de Monte Porreiro
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Monte Porreiro | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 42°26′47″N 8°37′25″O / 42.44639, -8.62361 |
Localización | Monte Porreiro, Mourente, Pontevedra |
Construción | |
Inauguración | 27 de marzo de 2011 |
Custo | 753.000 euros |
Estadio | |
Superficie | Herba sintética |
Dimensións | 111x72 |
Propietario | Concello da Pontevedra |
Localía | Mareantes RCP Pontevedra RC SC Monteporreiro |
Eventos | |
Copa Xunta de Rugby 2011 Circuíto Galego de Sevens 2011 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Campo Municipal de Monte Porreiro é un recinto deportivo da cidade de Pontevedra, sito no lugar de Monte Porreiro, homologado para a práctica do fútbol e o rugby. As súas dimensións son de 111 por 72 metros, e a superficie é de herba sintética.
Construción
[editar | editar a fonte]A construción do recinto obedeceu a unha demanda de varios anos dos veciños de Monte Porreiro que pedían que o vello campo de terra fose arranxado e cuberto de herba artificial. O concello e a deputación de Pontevedra chegaron a un acordo en 2009, e asinaron un convenio polo cal o goberno local achegaría 477.000 euros e o goberno provincial 276.000. A obra foi levada a cabo pola empresa E.C. Casas, e o novo campo foi inaugurado o 27 de marzo de 2011 polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o presidente da deputación Rafael Louzán. As instalacións do recinto contan con bancadas desmontables, banquiños, taboleiro electrónico, accesos independentes para deportistas e seareiros, e a posibilidade de partir o campo en 2 campos transversais de fútbol 7 para nenos pequenos. Os promotores da construción teñen falado da posibilidade de instalar un tellado sobre as bancadas, novos vestiarios e unha cafetería.
Localías
[editar | editar a fonte]Os equipos de rugby Mareantes Rugby Clube Pontevedra, Pontevedra Rugby Club e o equipo de fútbol SD Monteporreiro xogan os seus encontros como locais neste novo recinto deportivo.
Eventos
[editar | editar a fonte]Dende a súa inauguración, o 21 de maio o club de rugby Mareantes organizou no Campo Municipal de Monte Porreiro o segundo evento do Circuíto Galego de Sevens 2011. O 5 de xuño disputouse alí por vez primeira en Pontevedra a final da edición 2011 da tradicional Copa Xunta de Rugby.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Campo Municipal de Monte Porreiro |