Mito das idades

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A idade de ouro

O mito das Idades chegou á actualidade polo relato do poeta grego Hesíodo, e relata de xeito mitolóxico a evolución do mundo dende o comezo da humanidade.

Mito[editar | editar a fonte]

Nesta época hai catro idades: a Idade de ouro, a Idade de Prata, a Idade de Bronce e para rematar a Idade do duro Ferro.

Na Idade de Ouro, gobernada pola vontade de Cronos, o home vivía cos deuses. Foi unha época marcada pola paz e a felicidade. Os homes non tiñan que traballar para alimentarse, porque a Terra lles daba todo o que precisaban. Vivían durante moitos anos, pero sempre cun aspecto novo, ata a morte con serenidade.

Os homes da Idade de Bronce viviron só para a guerra. Descubriron o bronce, que usaron para fabricar armas, ferramentas e ata as súas casas. Esta xeración foi exterminada por mor da súa propia violencia.

A Idade dos Heroes non corresponde con ningún metal. É tamén a única que implica unha mellora con respecto da súa antecesora. Durante este tempo os heroes e semideuses viviron e realizaron as súas proezas. Nesta idade son os heroes os que combaten en Tebas e Troia. Cando morreron nesta carreira, todos foron para os Campos Elisios.

Durante a Idade de Ferro, os homes vivían infelices e miserables. Os nenos deshonraban aos seus pais, loitando contra os irmáns e os tratados de hospitalidade eran constantemente violados.

O poeta romano Ovidio contou un mito similar, pero con só catro idades, no libro I do deu poema Metamorfoses. O seu relato é semellante ao de Hesíodo, pero omite a idade dos Heroes.