Cadmo
Cadmo | |
---|---|
![]() | |
Tipo | personaxe da mitoloxía grega e legendary founder (en) ![]() ![]() |
Biografía | |
Lugar de sepultura | Heroon of Cadmos son of Agenor in Sparta (en) ![]() ![]() |
Sexo | home ![]() |
Actividade | |
Ocupación | matadragóns ![]() |
Cargo ocupado | rei de Tebas ![]() |
Familia | |
Nai | Teléfassa (pt) ![]() ![]() |
Pai | Axenor ![]() |
Cónxuxe | Harmonía ![]() |
Irmá/n | Cílix (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Fillo/a | Polidoro (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | |
Descrito pola fonte
| |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Cadmo (ou Cadmos) é unha figura da mitoloxía grega, fundador da cidade grega de Tebas. Era fillo de Axenor, rei de Tiro (Fenicia) e de Telefasa, e irmán de Europa.
Cando Zeus, transformado nun touro, raptou á bela Europa, o pai, Axenor, enviouno xunto con seus irmáns Fénix e Cilix, na súa busca, avisándoos de que non volvesen até que a atopasen. Cadmo despois de percorrer boa parte da Terra sen achar á irmá, decidiu non tornar ao seu país. Achegouse a Delfos e consultou o célebre oráculo, sobre o lugar onde debería vivir. O oráculo aconsellou que cando atopase unha vaca que non coñecese xugo a seguise, e onde parase a pastar, que fundase unha cidade e chamase ao país Beocia.
Ao pouco tempo de abandonar Delfos, encontrou Cadmo a vaca, e cando se parou esta, decidiu facer un sacrificio na honra de Atenea. Pediu aos seus compañeiros que fosen buscar auga dunha fonte próxima, sita nunha cova. Cando os compañeiros cumpriron o mandado, atoparon cun dragón que custodiaba a gruta. O dragón acabou con todos.
Estrañado da tardanza dos seus amigos, Cadmo armado, diríxese cara a cova. Contempla horrorizado a matanza, mais non dubida en atacar o monstro e matalo. Aparéceselle entón Atenea e aconséllalle que semente en terra os dentes do dragón a fin de obter "un novo pobo". Confundido sobre o sentido do consello, Cadmo, porén, realiza o mandado: ara os campos e bota nos regos os dentes. Dos dentes xorden logo homes armados, que pelexan entre si. Fican só cinco vivos, que se converten nos novos compañeiros de Cadmo e o axudan a construír a cidade. Recibe o nome de Tebas.
Porén a esposa de Zeus, Hera, que non podía esquecer que Cadmo era irmán de Europa, amante do seu home, non estaba contenta e atraeu a desgraza á súa familia: Ino botouse no mar, nun arrouto; Sémele morreu vítima dos raios de Zeus; un neto, Penteo foi esnaquizado polas ménades, e outro, Acteón, foi devorado polos seus propios cans. Por último o seu propio pobo tebano levantouse contra el, e o mesmo Dioniso destruíu o seu palacio, de xeito que Cadmo e a súa esposa, Harmonía, xa anciáns, buscaron refuxio na Iliria, onde foron finalmente transformados en serpes.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cadmo ![]() |