Idade de ouro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A idade de ouro segundo Pietro da Cortona (1640)

A Idade de ouro (en grego antigo ξρυσόν γένος, en latín aurea aetas ou Saturnia regna "reino de Saturno") é o nome dado, na Grecia antiga e no mundo romano, ó mito que define o período seguinte á Creación do home e que se asocia coa inocencia e a felicidade, nunha clase de alegoría coa infancia da humanidade. Para os romanos esta idade estaba marcada tamén pola ausencia de tempo (sempre era primavera), que é quen altera e fai dexenerar as cousas. Por extensión aplícase tamén ó termo "idade de ouro" en períodos de auxe cultural de diferentes nacións. É unha das idades do home segundo Hesíodo.

Esta idade asimílase nun estilo de vida bucólico e pastoral (como a Arcadia mitolóxica), recreado en xéneros como a égloga, lonxe da cidade que é símbolo de pecado (esta asociación campo-virtude oposta a urbe-vicio é recorrente ó longo da historia da cultura); había poucos homes, que vivían sen necesidade de traballar pola abundancia de recursos e nunha igualdade perfecta (unha das metas da utopía política).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]